Máis de 600 inscritos danse cita en Sanxenxo esta fin de semana no Campeonato de Galicia XCO e o Mini BTT.

Esta mañá, o Concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o presidente do Team Corbelo, Iván Pérez, presentaron o V Campionato de XCO que terá lugar en Punta Cabicastro (Portonovo), esta fin de semana. Ademais do campionato, tamén se anunciou a VII edición do MINI BTT Concello de Sanxenxo, que terá lugar no mesmo escenario na xornada matinal. Pola mañá a proba de MINI BTT terá lugar ás 10.30 h e será pola tarde, a partir das 16.30 h. cando se dispute a XCO. Para a primeira das probas hai un…

Ver+

Actividades deportivas na semana das Festas de Ourense

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade. En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol…

Ver+

XVI Trofeo Federación de Tiro con arco. Pontevedra

O campo de fútbol Raimundo Piñeiro de Lérez acollerá o vindeiro sábado 18 de maio o XVI Trofeo Federación-Xunta de Galicia de Tiro con arco, unha oportunidade única para ver, coñecer e gozar dun deporte minoritario que está abríndose camiño en Pontevedra. 28 arqueiros menores de 14 anos e 68 maiores desta idade competirán ao longo da xornada nas modalidades de arco recurvo (olímpico) e arco composto (con roldanas). A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou hoxe a cita deportiva convidando aos pontevedreses e pontevedresas a achegarse ate Lérez a…

Ver+

Mellora na accesibilidade no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Bueu

O Concello de Bueu vén de recibir unha comunicación da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para mellorar a accesibilidade no Pavillón Municipal Pablo Herbello.  A actuación, cun proxecto orzamentado en 28.200 €, permitirá a construción dunha pasarela que unirá o baixo co primeiro andar, a fin de que as persoas con dificultades de mobilidade poidan acceder a calquera evento deportivo. A Xunta asumirá o 70 % da actuación, é dicir 19.740 €. A actuación consistirá na colocación dunha pasarela dende a intersección de Staffan Mörling e a rúa…

Ver+

Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…

Ver+

O campo de herba sintética de Santa María de Xeve xa está rematado. Pontevedra

O Concello de Pontevedra recibirá nesta semana o campo de herba sintética de Gatomorto, na parroquia de Santa María de Xeve, que xa está totalmente rematado. A obra tivo un custe de adxudicación de 859.953,23 euros e foi executada pola empresa Covsa nos últimos sete meses. O campo de Gatomorto é un dos catro de herba sintética que o Concello está a construír en distintas parroquias do rural, completando as infraestruturas deportivas municipais. Ao de Cerponzóns que xa está en uso, súmase agora o de Gatomorto, e proximamente serán o…

Ver+

Longa e intensa sesión de traballo do comité de dirección do Campionato Mundial de Balonmán Junior Masculino. Pontevedra

Un novo evento deportivo de carácter internacional, o Campionato Mundial de Balonmán Junior Masculino pon de novo o foco en Pontevedra, unha das dúas sedes que terá a competición que se vai a desenvolver do 16 ao 28 de xullo. A outra é Vigo. A pouco máis de dous meses, os traballos organizativos gañan en intensidade. Hoxe o comité de dirección do campionato mantivo unha longa reunión de traballo no Pazo Provincial, na que estiveron en representación da Boa Vila: a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o xefe do…

Ver+

Balance do alcalde de Pontevedra acerca do Mundial de Triatlón.

“Foi un éxito de deportivo, de público, de proxección da cidade, económico. Foi un éxito absoluto”, explicou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na valoración que fixo dos mundiais de tríatlon celebrados dende o pasado 27 de abril até o 4 de maio. “Pero o máis importante foi o sentimento de orgullo”, explicaba o alcalde, quen asegurou que a proba se viviu moi intensamente tanto na cidade como en todas as Rías Baixas, e máis aló no Salnés, en Compostela… “Todo isto púidose facer porque temos un modelo…

Ver+

Operativo de tráfico do sábado, 4 de maio. Mundial Triatlón de Pontevedra

Mañá, 4 de maio, celébrase a última proba dos campionatos do mundo de tríatlon coa proba do Tríatlon de longa distancia, que terá unha importante afectación ao tráfico na cidade e tamén no resto do concello, e no concello veciño de Barro. A incidencia será, polo tanto, no ámbito urbano e tamén nas N-550 e na PO-224. Sábado 4 de maio (Tríatlon de longa distancia) mañá e tarde Centro da Cidade: As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas. O percorrido pechase unha hora…

Ver+

Bueu recibe ao taekwondista Ángel López Ventín

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste xoves o acto de recibimento oficial a Ángel López Ventín, deportista da vila que vén de recoller o título de campión de España de Taekwondo na categoría de freestyle +18, na competición celebrada en Alicante o 10 de marzo. Así mesmo colleitou cinco medallas no europeo, que tivo lugar en Turquía do 2 ao 6 de abril: Prata dinamic Kick (trinking), Prata spinning kick, bronce jumping múltiple kick, bronce freestyle breaking e bronce en freestyle poomsae over 17.…

Ver+