Esta mañá, o Concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o presidente do Team Corbelo, Iván Pérez, presentaron o V Campionato de XCO que terá lugar en Punta Cabicastro (Portonovo), esta fin de semana. Ademais do campionato, tamén se anunciou a VII edición do MINI BTT Concello de Sanxenxo, que terá lugar no mesmo escenario na xornada matinal. Pola mañá a proba de MINI BTT terá lugar ás 10.30 h e será pola tarde, a partir das 16.30 h. cando se dispute a XCO. Para a primeira das probas hai un…
Ver+Categoría: Sanxenxo
I Encontro de Familias do Salnés. Sanxenxo (Programa)
Mañá comeza o prazo de inscrición no I Encontro de Familias do Salnés que se presentou o pasado mércores no Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa. Información importante: A inscrición deberá facerse a través do enlace indicado no cartel. Si para algunha persoa isto supón un problema poderá facela presencialmente no Pazo Emilia Pardo Bazán. Prazo de inscrición comeza o mércores, 15 ás 9,00 h e remata o luns, 27 de maio. Para facilitar a asistencia ás mesas redondas haberá servizo de ludoteca. Os talleres da tarde…
Ver+Éxito do II Concurso de Música Tradicional de Soalleira. Sanxenxo
Onte, 12 de maio, no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán tivo lugar o II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL SOALLEIRA, no que participaron un total de 39 agrupacións. A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón coa colaboración do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala promovido pola Consellería de Cultura. En total repartíronse en premios, 3500€ en premios entre os grupos gañadores de 4 categorías, clasificadas polas idades dos participantes. As categorías A e C actuaron pola mañá e as categorías B e D…
Ver+Bandeiras azuis nas praias de Sanxenxo
A praia de Panadeira recupera a bandeira azul e Sanxenxo amplía unha bandeira máis a nivel nacional. Coa chegada da bandeira azul á praia de Panadeira, Sanxenxo acumula 17 areais con bandeira azul dos 18 posibles. Así pois, Sanxenxo terá 14 bandeiras azuis en 17 areais. A lista de bandeiras azuis é a seguinte: Areas Panadeira Silgar Baltar Caneliñas Canelas Paxariñas Montalvo Pragueira Major Bascuas A Lanzada- O Espiñeiro Foxos- Nuestra Señora de A Lanzada Areas Gordas- A Lapa Coa recuperación desta bandeira, Sanxenxo recuperou en tan só 2 anos,…
Ver+Exposición de pintura de Sebastián Silva. Sanxenxo
Neste mes de maio poderase desfrutar no vestíbulo do Pazo Emilia Pardo Bazán da nova mostra de pinturas de SEBASTIÁN SILVA, veterano alumno do Centro de Arte Municipal, de gran sensibilidade artística que mestura sen reparos inquedanzas e curiosidades varias que dan como resultado imaxes heteroxéneas cargadas de pequenos “misterios visuais”.
Ver+Balance da XXIV Edición da Festa da Raia de Portonovo. Sanxenxo
A XXIV Edición da Festa dá Raia en Portonovo, congregou na Lonxa a miles de persoas durante esta fin de semana. Un total de 2.904 racións foron servidas nas instalacións da Lonxa para celebrar esta festa gastronómica. Un dato que supera ao do ano 2018 en case 500 pratos máis. O prato estrela da festa continúa sendo a Raia en Caldeirada, pero tamén tiveron moito éxito o salpicón de raia, a empanada e as croquetas. O goberno quere agradecer aos locais da vila a súa implicación e colaboración e anima…
Ver+Ábrese o prazo para inscribirse no programa PaiFill@Nai. Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo, desde o Centro de Información á Muller, pon en marcha unha nova edición do Programa Paifill@nai, O programa desenvolverase desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, no CEIP Portonovo. O prazo para solicitude de praza esténdese desde o vindeiro luns día 6 ata o día 13, ambos os incluídos. Serán dous os tipos de horario do programa, un amplo e outro reducido. A entrada daqueles que escollan a modalidade de horario amplo será a…
Ver+Manolita Dominguez ‘Raia de Ouro’ na Festa da Raia de Portonovo (Ver Programa)
Esta distinción, que se outorga a aquelas persoas o agrupacións que desempeñan un labor en favor da vila mariñeira, concédese con motivo de celebración da Festa da Raia, que este ano alcanza xa a súa XXIV Edición. A imposición desta insignia constitúe unha de las principais citas da programación que se desenvolverá el próxima fin de semana na Lonxa de Portonovo. “Queremos recoñecer a aposta firme e continua que Manolita fixo ao longo da súa traxectoria profesional por Portonovo, respondendo sempre ante a vila mariñeira sen ter en conta o…
Ver+II Edición do Sanxenxo Fala e Concurso de Maios
A segunda edición de Sanxenxo Fala chegou novamente da man do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo co tradicional “ Concurso de Maios”, que este ano contou coa participación de: CEIP FLORIDA, Asociación cultural MAR DE FONDO, que participa con dous grupos: infantil e adultos. Repartíronse 500€ en premios: 1º premio (250€): 2º premio (150€): 3ª premio (100€): O programa Sanxenxo Fala xurde para promover o uso da lingua e cultura galega, dando visibilidade a todas as actividades que se levan a cabo neste senso no concello “é moi…
Ver+En marcha cursos de pilates para familias en Sanxenxo
A colaboración entre o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Sanxenxo e o centro Vithas Saúde Fisium desta localidade, permitirá desenvolver a partir do próximo mes de maio pilates para familias. Esta iniciativa está dirixida a grupos de pais e nais acompañados de nenos e nenas a partir de catro anos. Nesta ocasión, ao ser unha actividade impartida por licenciados en INEF e especializados en Pilates e Ioga, os exercicios centraranse fundamentalmente na prevención de futuras doenzas; así como a corrección de postura. As sesións celebraranse unha…
Ver+Sanxenxo participa na #ITUpontevedra19
A feira # ITUpontevedra19 inaugurouse coa presenza dunha caseta de Turismo de Sanxenxo. Esta feira supón o pistoletazo de saída aos actos paralelos á cita mundialista e por ela teñen que pasar os case 4.000 inscritos entre as cinco probas que compoñen o Mundial, e ademais da zona de rexistro e acreditación onde recollen o seu dorsal e material para as competicións poden atopar unha tenda de merchandising e unha variada oferta turística e de actividades. Turismo de Sanxenxo montou alí a súa caseta con diferente material promocional en castelán,…
Ver+