A obra teatral ‘Mariana’será inclusiva para persoas con diversidade auditiva, visual e intelectual. Ourense

A obra teatral Mariana, que se representa hoxe venres no Auditorio Municipal organizada polas concellerías de Igualdade e de Cultura coa finalidade de sensibilizar sobre a violencia de xénero e a visibilidade da muller na sociedade a través da historia de Mariana Pineda, a muller que fixo fronte ao absolutismo de Fernando VII, será inclusiva para todos os colectivos con diversidade auditiva, visual e intelectual.

As persoas xordas disporán de subtítulos, son amplificado e bucle magnético. as persoas cegas ou con visibilidade reducida poderán dar un paseo táctil ás 19.30 horas duns 15 minutos de duración en grupos de 15 persoas, e ademais haberá unha audio-introdución de 15 minutos antes do inicio do espectáculo, xunto coa entrega de dispositivos e lectura do programa en braille de 19:45h a 20:15 horas, acompañada dunha audio-descrición da montaxe. As persoas con discapacidade intelectual poderán, igualmente, dar un paseo escénico ás 19:45 horas, até as 20:00h y la entrega de programa de lectura fácil al término del paseo escénico.

Mariana, un texto orixinal de José Ramón Fernández (Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca en 1998, ou Premio Nacional de Literatura Dramática en 2011, entre outros), está dirixida por David Ojeda e interpretada pola Compañía Teatral Palmyra, coa ourensá Lucía Álvarez á fronte. Entre os propósitos da compañía están os de atender a actualidade e o contexto social, favorecendo a inclusión de persoas con discapacidade nos espectáculos -un dos actores sofre discapacidade auditiva case total- e apostar por darlle recoñecemento a un personaxe histórico cuxas ideas e loita polos dereitos como muller e persoa foron ocultadas. A música estará interpretada en directo por Carlos Ramos, autor da mesma.

Comparte!!!

Relacionados