Celanova acolle este mércores, 15 de maio, unha nova Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal. Participarán 150 escolares de 5º e 6º de primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e e CEIP Curros Enríquez de Celanova. Mañá (10:00-14:00): Coñecemento dos autores…
Ver+Etiqueta: Casa dos Poetas. Celanova
A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro ‘Piratas da liberdade’. Celanova
A Casa dos Poetas acolleu unha nova publicación que xira arredor do episodio histórico do secuestro político do buque Santa María, no que viaxaron cara Venezuela tantos e tantos emigrantes galegos, que tivo lugar no ano 1961 e que contou coa participación principal do celanovés Xosé Velo Mosquera. A publicación titúlase “Piratas da liberdade” e é a traducción dun libro publicado inicialmente en catalán polo xornalista Xavier Montanyà baixo o título “Pirates de la llibertat” e agora editado en galego por Edicións Positivas, editorial dirixida polo berciano Francisco Macías. “Piratas…
Ver+Presentación do libro – disco “Na noite, no silencio”. Celanova
A Casa dos Poetas de Celanova acolle o sábado, día 13 de abril de 2019, ás 12.00 horas a presentación do libro-disco “Na noite, no silencio” durante a cal se celebrará tamén un concerto. Publicado por Edicións Fervenza, Juan Manuel Vázquez falaranos deste poemario intimista acompañado de cd con cancións de inspiración medieval creadas e interpretadas polo propio autor. Juan Manuel Vázquez relaciónase con Celanova principalmente a través da súa muller, profesora de música no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, ademais de traer alumnos do centro onde imparte música en…
Ver+Ludoteca para a Semana Santa na Casa dos Poetas. Celanova
A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 3 e 12 anos. Os talleres desenvolveranse luns, martes e mércores, 15-17 de abril, entre as 10.30 e as 13.30 horas. Trátase duns obradoiros lúdicos e formativos cos que pretendemos ocupar o ocio e o tempo libre dos rapaces durante o período de vacacións, ademais de facilitarlle aos proxenitores a súa xornada laboral. Luns 15: Xogos tradicionais de Pascua no mundo Martes 16: Taller creativo: facemos…
Ver+Encontro das persoas que fixeron posible a mostra ‘Poesía Visual’. Celanova
A Casa dos Poetas acolleu un encontro entre varios dos participantes do obradoiro de poesía visual impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro na Casa dos Poetas e representantes da Fundación Curros Enríquez. O resultados son 20 composicións que se complementaron con textos dos poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro e que ainda se poden ver ata finais do mes de maio na sede da Fundación Curros Enríquez de martes a sábado de 10:30-14:00 e de 16:00-18:00 situada na rúa Curros Enríquez número 37. Tras…
Ver+Mostra de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Celanova
A Casa dos Poetas acolle desde o 26 de marzo ata o 31 de maio unha exposición de Poesía Visual. Trátase de vinte traballos froito do obradoiro impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro en Celanova. Os seis participantes deste taller elaboraron en primeiro lugar ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos. Nunha segunda sesión traballaron en grupo o retoque dixital das imaxes para despois complementalos con textos dos poetas de Celanova, como son Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Unha mostra, polo tanto colectiva tamén na…
Ver+A actriz Isabel Blanco, galardoada co XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas”
O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, presidido por José Luis Ferro Iglesias e do que formaron parte, por presencia física ou por delegación de voto, os patróns da Fundación que á marxe se expresa, logo de teren deliberado sobre as propostas internas presentadas e valoradas as súas traxectorias vitais no campo da defensa da cultura galega e de Galicia (tal e como recollen as bases), por unanimidade acordou resolver o que segue: Concederlle o XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á actriz Isabel Blanco polo seu compromiso vital…
Ver+O Obradoiro de Poesía Visual dará lugar a unha Mostra na Casa dos Poetas. Celanova
A Casa dos Poetas acolleu o sábado16 de febreiro a segunda e derradeira xornada do “Obradoiro de poesía visual” impartido polo artista Xosé Poldras. A xornada centrouse no retoque dixital en grupo, de cada obra fotográfica final, para dar unha eventual uniformidade ao traballo e na busca de versos dos escritores de Celanova que se adecúen as metáforas realizadas co material de refugallo. As vinte imaxes resultantes deste obradoiro exporanse nunha mostra que organizará a Casa dos Poetas a partir de marzo.
Ver+Imaxes da Presentación do libro “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros”. Celanova
A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros” con intervencións de José Antonio Fidalgo, Javier Gándara Feijoo e Antonio Piñeiro. A nota musical correu a cargo de “Bem leve”.
Ver+