Mostra de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Celanova

A Casa dos Poetas acolle desde o 26 de marzo ata o 31 de maio unha exposición de Poesía Visual. Trátase de vinte traballos froito do obradoiro impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro en Celanova. 

Os seis participantes deste taller elaboraron en primeiro lugar ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos. Nunha segunda sesión traballaron en grupo o retoque dixital das imaxes para despois complementalos con textos dos poetas de Celanova, como son Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Unha mostra, polo tanto colectiva tamén na súa confección, na que participaron: Rosa Marras, Carmen Feijoo, Manuela Rodríguez, María del Camen Pérez, Javier Gándara y Celsa Rodríguez.

O horario de visita será de martes a sábado de 10:30-14:00 e de 16:00-18:00 con entrada de balde na Casa dos Poetas, situada na rúa Curros Enríquez número 37.

Comparte!!!

Relacionados