Concertos previos á Semana Santa en Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo prepara unha fin de semana musical previa ao comezo da Semana Santa 3 concertos que terán lugar na carpa instalada na Praza do Mar con motivo da celebración da II Feira Mix Sanxenxo.

Festival da Terra

O primeiro dos concertos será o venres 12 de abril, ás 21.00 h, con Festival dá Terra, no que participarán:

  • Señor No.
  • Andallica.
  • Kaleka.
  • Samesugas
  • The Speedbombs.

O concerto será de entrada gratuita e os beneficios que voluntariamente se poidan recadar irán destinados á asociación peludos invisibles

Fredi Leis.

O sábado 13 de abril, ás 22.30 h, será o concerto de Fredi Leis. Este concerto foi aprazado o pasado mes de decembro, con motivo do naufraxio dun pesqueiro da zona.

Fredi Leis é un Intérprete, músico e compositor galego, que en 2015 estreou o seu primeiro EP, titulado “Días Grandes”, composto na súa totalidade por el.

Fredi Leis postúrase como unha das novas promesas da canción de autor renovada e despois de virar por salas de toda España, o pasado mes de setembro presentaba “Mariposas”o primeiro sencillo do novo álbum. Fredi compaxina a música co seu debut no cinema, xa que forma parte da repartición da película “La sombra de la Ley”, dirixida por Dani de La Torre.

Milladoiro

O terceiro concerto de Semana Santa será do grupo Milladoiro, o domingo 14 de abril ás 22.30 h.

A entrada será gratuíta para poder gozar deste grupo galego de música folk celta, nacido a finais dos 70 coa unión de Faíscas do Xiabre e os músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní.

 

Comparte!!!

Relacionados