Campionato Galego de Natación Artística de Inverno. Pontevedra

As Piscinas de Pontemuíños (Complexo deportivo Rías do Sur) acollerá a vindeira fin de semana o Campionato Galego de Natación Artística de Inverno, unha cita que reunirá a 128 nadadoras de seis clubs de Galiza, entre eles os dous da cidade Galaico Natación Sincro (co-organizador do evento) e Club Natación Sincronizada Pontevedra.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, xunto coa presidenta do Galaico Sincro, Belén Álvarez, presentou o campionato no que participarán deportistas das categorías alevín (rutinas combinadas), infantil (rutinas combinadas) e junior (técnicos, libres, rutinas combinadas).

Comparte!!!

Relacionados