Unha nova sentenza do TSXG desestima os recursos da familia Rocafort e do Concello de Sanxenxo

O venres notificouse ao Concello de Sanxenxo a sentenza do TSXG que desestima os recursos interpostos pola familia Rocafort e o Concello fronte ao pronunciamento do Xulgado contencioso administrativo nº3 do 13/9/2018. Nel estimábase parcialmente a reclamación da familia Rocafort que solicitaba o pago anticipado do xustiprecio da expropiación.

O Concello considera que non corresponde facer efectivo o pago ata que houbese unha nova valoración, tal e como sinalaba o auto do Tribunal Supremo do 06/03/2018

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñece o dereito da familia ao cobro de 3.010.872 € máis 413.561 € en concepto de intereses polo atraso na determinación do xustiprecio e no seu pago. Pero desestima a pretensión da familia Rocafort de cobrar outros intereses.

Estúdase recorrer a nova sentenza.

Comparte!!!

Relacionados