O río Miño ten no seu perímetro diferentes paseos, un deles é o coñecido como “Paseo das Ninfas”, e é neste camiño pensado para goce da natureza e peonil onde se atopa a Fonte de Reza.
As augas que brotan desta fonte están alimentadas por unha veta de auga termal que atravesa o río desde o outro lado da beira; as súas propiedades son moi parecidas ás augas da fonte do Tinteiro; indicadas para afeccións dermatológicas, para artrites, reumas e outras afeccións do aparello locomotor.
– Poden beberse ou utilizarse para lavarse parcialmente.
– O seu uso é gratuíto, e pódense chegar até ela, ou ben en autobús, no Nº5 (Reza – Caboliño) urbano de Ourense, ou ben en coche, achegándose ao Paseo das Ninfas en Santa María de Reza.
Son augas de mineralización débil, a temperatura é duns 32º, sulfuradas e fluoradas.