“O futuro do deporte é a inclusión”. Con esta guía naceu en Pontevedra un proxecto deportivo inclusivo, pioneiro no mundo e que está a medrar e a colleita os primeiros éxitos. Os atletas do Club de Artes Marciais “O Mirador” de Monte Porreiro veñen de gañar trece medallas -doce ouros e unha prata- no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas que tivo lugar en Córdoba e hoxe foron recibidos no Concello polo alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro. Unha recepción que tiña como obxectivo visibilizar o traballo que están a facer e darlles os parabéns, en nome de todos os pontevedreses e pontevedresas.
Os deportistas estiveron acompañados polos representantes dos seus dous soportes: Carlos presidente da Asociación de veciños “O Mirador” e da Asociación de persoas con discapacidade “Amizade”.
“Levamos moi a gala ter un modelo urbano referente en integración e accesibilidade e para todos nós é un orgullo que Pontevedra compita nun proxecto deportivo inclusivo pioneiro” sinalou o alcalde para engadir que “todos os veciños e veciñas de Pontevedra estamos orgullosos do voso traballo e dos vosos premios”.
“O deporte é saúde, integración social e valores” concluíu Fernández Lores.
Os deportistas que subiron ao podio son os seguintes:
- Leonardo Hermida Barbosa. Ouro en Combate I
- Sergio Oubiña Peón. Ouro en Combate Inclusivo e Ouro en Técnica
- Francisco Javier Castro Ruibal. Ouro en Combte e Ouro en Técnica
- Álvaro Sáenz Méndez. Ouro en Técnica e Ouro en Combate
- Alejandra Argibay Martignago. Plata en Combate Tradicional, Ouro en Técnica e Ouro en Comabte Inclusivo
- Ignacio Carballo Blanco. Ouro en Técnica e Ouro en Exhibición.