Celebración do Días das Letras Galegas cos escolares en Ourense

A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”,  de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de…

Ver+

Correlingua: Mañá participarán 1.500 escolares de Pontevedra e comarca. Pontevedra

1.500 escolares de 18 centros de ensino de Pontevedra e comarca participan mañá xoves 16 de maio na Boa Vila na final do Correlingua-2019. Será a última das doce etapas nas que se dividiu este ano. Os 1.500 alumnos e alumnas, con idades que van dos 3 aos 17 anos, son dos seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES de Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín…

Ver+

I Encontro de Familias do Salnés. Sanxenxo (Programa)

Mañá comeza o prazo de inscrición no  I Encontro de Familias do Salnés que se presentou o pasado mércores no Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa. Información importante: A inscrición deberá facerse a través do enlace indicado no cartel. Si para algunha persoa isto supón un problema poderá facela presencialmente no Pazo Emilia Pardo Bazán.   Prazo de inscrición comeza o mércores, 15 ás 9,00 h e remata o luns, 27 de maio.   Para facilitar a asistencia ás mesas redondas haberá servizo de ludoteca.   Os talleres da tarde…

Ver+

Operativo de tráfico do sábado, 4 de maio. Mundial Triatlón de Pontevedra

Mañá, 4 de maio, celébrase a última proba dos campionatos do mundo de tríatlon coa proba do Tríatlon de longa distancia, que terá unha importante afectación ao tráfico na cidade e tamén no resto do concello, e no concello veciño de Barro. A incidencia será, polo tanto, no ámbito urbano e tamén nas N-550 e na PO-224. Sábado 4 de maio (Tríatlon de longa distancia) mañá e tarde Centro da Cidade: As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas. O percorrido pechase unha hora…

Ver+

Bueu Promove un Plan para o Risco de Incendios Forestais

O Concello de Bueu vén de encargar os traballos técnicos para elaborar un plan de actuación municipal para o risco de incendios forestais (PAM), por un importe de 15.000 € con cargo a fondos municipais. Segundo salientou Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, “este plan servirá como instrumento e guía á hora de afrontar o problema dos incendios, ao permitirnos saber que superficie temos afectada e en función diso tomar decisións”. Os encargados de levar a cabo os traballos son Manuel Peixoto, enxeñeiro forestal, e Jaime Corral, director de seguridade, quen…

Ver+

Preparándose para “Supercantos. Aquí Cántase!”. Pontevedra

Vinte cancións, sete ensaios (un deles xeral), tres locais, catro prazas e unha “gran quedada”. Son os vimbios da gran cita do 9 de agosto: Supercantos. Aquí Cántase!!, que este ano chega a súa terceira edición como “un clásico do verán pontevedrés” na véspera do inicio das Festas da Peregrina. A Concellería de Festas e o Grupo Maravallada van da man nesta proposta que porá o ramo a tempada de Cantos de Taberna, que pecha o vindeiro 31 de maio co convite de Maravallada a cantar con eles nos bares…

Ver+

Nova edición de Maio Mes da Lingua. Pontevedra

Corenta actividades programadas -máis dun cento se contamos as da programación escolar, xa pechadas- e máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas en 30 días. Son datos que falan de importancia e alcance de Maio Mes da Lingua, proxecto da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a programación da nova edición de Maio Mes da Lingua que chega con máis actividades e máis asociacións, colectivos e entidades…

Ver+

II Feira da Ciencia e Literatura. Bueu

Tras o éxito do pasado ano, o Concello de Bueu volverá apoiar a II Feira da Ciencia e da Literatura, un proxecto educativo e social que nace desde o IES Johán Carballeira co fin de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na literatura, e que se celebrará o vindeiro 4 de maio na carpa sita na céntrica Praza Massó, con horario entre as 11.00 e as 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 horas. A principal novidade é que este ano participan todos os centros educativos da vila,…

Ver+