Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.
A súa familia era de Osmo (Cenlle) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para Chantada Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.
Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.
O Carrabouxo é un personaxe de ficción creado polo humorista Xosé Lois en 1982 e que aparece diariamente en La Región de Ourense.
As súas historias recóllense en varios libros e no 2000 Lhosca Arias realizou unha serie de animación de 26 capítulos de 1 minuto de duración sobre a personaxe.
Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia whit humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricaturade Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.
Recibiu a Medalla Castelao en 2008 . No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.
No 2013 tamén recibiu o “1º PREMIO BRAIS PINTO AOS BOS E XENEROSOS” dá Agrupación Cultural Auriense
O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración.
Galería de Imaxes “Carrabouxos” da Exposición “Non Publicados”, no Café Cultural Auriense:
Dous grandes; un pontevedrés e outro ourensán: Xose Lois á dereita, e Kiko da Silva á esquerda. O día da entrega dos Premios Brais Pintos, charlando no Café Cultural Auriense
Obra publicada en formato de libro
- Ano e pico de Carrabouxos
- 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense)
- Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra)
- Humor gráfico.
- Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo).
- 400 Carrabouxos mais
- Carrabouxos 90
- 20 anos de Carrabouxo
- Veña Carrabouxo!
- A Sabeliña
- 318 chistes de Xosé Lois
Web de Xosé Lois González Vázquez – “O Carrabouxo”¬CLICK AQUÍ
Vídeo entrega “1º PREMIO BRAIS PINTO AOS BOS E XENEROSOS” a Xosé Lois González Vázquez “Carrabouxo”:
Vídeo Roteiro Galiza co Carrabouxo en Ourense – sábado 15 de decembro de 2012
Fonte del texto: Wikipedia
Fotos: Porgaliciabaixo