Qué facer para inscribirse no proxecto de compostaxe de Barbadás

A páxina web do Concello de Barbadás ( https://www.barbadas.es)  na sección  de Medio Ambiente, pódese descargar a folla de inscripción que deberán presentar en rexistro: nas oficinas da Valenzá ou na casa consistorial.

  • O Concello de Barbadás pon en marcha unha iniciativa de compostaxe doméstica aberta a toda a veciñanza que desexe participar.

 

  • O obxetivo deste proxecto é a producción de compost, un abono natural aproveitable polas plantas, a partir de restos vexetais, como son desperdicios de comida, podas ou de limpezas de xardíns.

 

  • Coa posta en funcionamento deste tipo de proxectos pode chegar a reducirse de xeito considerable a producción de lixo doméstico así como a de basura que se transporta aos vertedoiros.

 

  • A compostaxe doméstica provoca unha diminución na compra de fertilizantes químicos e reduce notablemente o uso de bolsas de plástico.

 

  • A adhesión das familias a este proxecto implicará a entrega a cada participante de 1 compostador totalmente gratuíto para levar a cabo a producción de compost que posteriormente poderá utilizarse no aboado de fincas e na restauración de solos.

 

  • Todas aquelas persoas que estén interesadas en participar, deberán cumplir uns requisistos:
    • Dispor dunha parcela mínima de 50m2
    • A vivenda de residencia sexa habitual
    • Unidade familiar minima de dous membros

 

  • As vantaxes de este tipo de iniciativas son a mellora da educación medioambiental, a reducción de consumo de auga (o uso do compost doméstico favorece a retención de auga das plantas), o aforro nos gastos derivados de restos de podas ou o feito de que non necesita enerxía para funcionar.

 

  • Outro dos beneficios deste tipo de iniciativas para o medio ambiente figura a reducción do efecto invernadeiro, coa emisión de 5 veces menos gases ca coa compostaxe industrial.

 

  • O proxecto de implantación da compostaxe doméstica e comunitaria de bioresiduos englobará a 50 familias do municipio, aos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro e á brigada de xardinería do Concello de Barbadás.

Fonte: Concello de Barbadás

 

Comparte!!!

Relacionados