(Fonte: Páxina de Facebook Arquivo Municipal de Pontevedra Sotelo) Todo deu comezo coa inauguración da mostra, no Palacio de Exposicións e Congresos, o día trinta de abril. No entanto, a cousa viña dun gran traballo e esforzo previos que, tal vez, fan da exposición “Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940” a máis ambiciosa promovida polo Arquivo Municipal e unha das mellores, nos últimos tempos, sobre a historia da capital pontevedresa. Os principais “culpables” da iniciativa foron nomes coñecidos: Enrique Sotelo Resurrección dirixe o Arquivo Municipal de Pontevedra desde hai anos. Posúe…
Ver+Categoría: Guerra Civil e Mundial
“Entre dúas augas”: Conferencia “As mulleres na década 1930-1940”
A Casa das Campás acollerá o vindeiro martes 14 de maio, ás 19.30 horas, a conferencia “As mulleres na década 1930-1940: da liberdade á prisión” de Aurora Marco. É unha conferencia organizada polo Arquivo Municipal de Pontevedra como actividade complementaria da mostra “Entre dúas augas”, un percorrido pola historia e a vida cotiá da Pontevedra de 1930 a 1940 que se pode ver na sala de exposicións do Pazo da Cultura, até o 7 de xullo. +INFO EXPOSICIÓN “ENTRE DÚAS AUGAS“
Ver+A exposición ‘Entre dúas augas’, un percorrido pola historia e vida cotiá da Pontevedra de 1930 a 1940
360 documentos, fotografías, obxectos da vida cotiá… integran a exposición Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940 que hoxe 30 de abril levanta o pano ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, onde estará aberta até o 7 de xullo. Os documentos e pezas proceden dos fondos do Arquivo Municipal e de achegas feitas por colaboradores. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a exposición ao carón Enrique Sotelo, arquiveiro municipal e Roberto Taboada e Lino Pazos, colaboradores que cederon parte do material que se poderá ver no Pazo e que…
Ver+Discurso do alcalde de Pontevedra ás vítimas do nazismo
Teatro Principal de Pontevedra 6 de abril do 2019 Familias das persoas que hoxe homenaxeamos Compañeiras e compañeiros de corporación Representantes Institucionais e veciñais Amigas e amigos, moi bo día Estamos aquí para saldar unha débeda adiada durante décadas. Para rematar co esquecemento e traer de novo a Pontevedra, facendo que entren pola porta grande da historia, a sete veciños nosos: Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Julio Cortegoso Rodríguez, Manuel Pérez Taboada e Ramón García Martínez. Sete nomes que merecen estar…
Ver+Homenaxe ás vítimas pontevedresas do nazismo
“Un acto indispensable de memoria, de xustiza simbólica, de reparación simbólica”. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará presentou hoxe o acto de homenaxe aos pontevedreses vítimas do nazismo que terá lugar nas Ruínas de San Domingos, o vindeiro sábado 6 de abril, ás 12.30 horas. NOTA: POLA PREVISIÓN DE MAL TEMPO TRASLÁDASE O ACTO AO TEATRO PRINCIPAL Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Cortegoso Rodríguez (Julio) e Manuel Pérez Taboada son os nomes dos seis veciños do Concello de Pontevedra que, segundo…
Ver+La Tragedia del Bou Eva: el suicidio colectivo más numeroso de la Guerra Civil.
Foto facilitada por el autor del artículo (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) Era un 23 de Abril de 1937, en el muelle del Berbés en Vigo cuando aconteció el suicidio colectivo más numeroso de la Guerra Civil. Ese día ocho hombres y una mujer de diferentes facciones de la izquierda, que trataban de huir a Francia permanecían escondidos en la bodega del Bou ‘Eva’ cuando fueron delatados por un marinero que poco antes de partir hacia Francia, descubrió a los polizones y salió gritando:…
Ver+Sánchez Cantón: “O noso” director do Museo do Prado
Foto: Museo de Pontevedra Din del que era un home moi serio, formal e pouco extrovertido, e que se dulcificaba notablemente cando se falaba da súa querida Galicia. Todo lle interesaba da nosa terra e xa moi novo mostrou un interese intelectual por ela. De feito en 1910, con só 19 anos, nun certame rexional de Vigo, obtivo un premio polo seu traballo “Influencia de la literatura gallega en la nacional” Este pontevedrés que naceu na Boa Vila un 14 de xullo de 1891, e faleceu tamén nela no ano…
Ver+Prepararse para partir
Foto: Mateo Fontán Couto Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e coordinada por Carmen María Sánchez Arines.…
Ver+‘Chiloé. Unha ollada Compartida’ e ‘Retratos documentados’. Fotografía espello de Galicia
Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra. No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé. –¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra –Perdone usted, estamos en la mía –¿pero no es esto Ortigueira en Galicia? –No señor, es Quellon, en Chiloé Eduardo Blanco Amor…
Ver+A Illa de San Simón
A Illa de San Simón está moi próxima á costa, tanto que case se pode ir andando a ela cando a marea está baixa. Está situada fronte a Arcade, no Municipio de Redondela, na ensenada que leva o seu nome; A Ensenada de San Simón, na parte interna da Ría de Vigo. En realidade son dúas illas, a grande é San Simón e a pequena é a de San Antonio. Posúe unha historia un tanto peculiar, foi un antigo centro de templarios, franciscanos e benedictinos ata 1830. Sufriu toda esta zona saqueos de diferentes…
Ver+O Foucellas, guerrilleiro e mito popular
Foto: Wikipedia// Nemigo // Mauser de Foucellas modelo 1910 e calibre 7, no Museo Militar da Coruña. Mito popular, un ‘Foucellas’ era un bandido, un antifascista ou alguén a quen se podía atribuír calquera ilegalidade cometida no réxime. Benigno Andrade García, o Foucellas, nace o 22 de outubro de 1908 na parroquia de Cabrui, concello de Mesía. Asiste á escola primaria, anque logo ten que gañar a vida como xornaleiro e nunha leitería. Posteriormente vai traballar para o Bierzo, ás minas de carbón de Fabero en Ponferrada, onde probablemente toma os…
Ver+