‘Camiños de terra’. Unha aventura que promocionara Ourense nunha viaxe por Europa realizado nunha caravana autosostenible. Verín

Foto: Concello de Verín

O proxecto Camiños de Terra, unha iniciativa impulsada por  Pixel  Audiovisuais e  MundiNova Consultores de Comunicación, e na que colabora o Concello de Verín, que consiste na gravación dun documental que narrará a viaxe de Galicia a  Galitzia (Polonia) nunha caravana  vintage  autosostenible. Ademais, durante a viaxe promocionarase a provincia de Ourense como destino turístico e termal e a candidatura de Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Á presentación do proxecto asistiron o presidente da  Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador do proxecto e director xeral de  MundiNova Consultores de Comunicación, Diego Maraña; e os protagonistas da aventura: José Quintas (organizador do proxecto), Nacho Soa e  Andrés Gonzalo.

A viaxe, que os levará a percorrer 11 países (España, Francia, Mónaco, Italia, Austria, Hungría, Polonia, República Checa, Alemaña, Países Baixos e Bélxica) en 45 días, cobre un dobre obxectivo: poñer en valor e deixar testemuño do potencial das enerxías renovables aplicadas ao transporte e o atractivo turístico da provincia de Ourense en Europa. A singularidade da caravana deste proxecto é que se trata dun modelo de 1986, localizada e restaurada polos protagonistas e que está equipada por paneis fotovoltaicos coa capacidade para cubrir as necesidades de electricidade da aventura. A caravana, ademais, está  rotulada con algunhas das imaxes máis representativas de Ourense.

Diego Maraña, coordinador de proxecto, destacou que “a cooperación de  Pixel  Audiovisuais e  MundiNova Consultores de Comunicación achegou un valor diferente ao que ao principio era unha aventura de tipo persoal. Ao ser Camiños de terra un proxecto xestado en Ourense, que quería poñer en valor a sustentabilidade, xurdiu a posibilidade de involucrar á  Deputación Provincial de Ourense para que esta caravana e este proxecto puidesen ser un embaixador máis da provincia e da súa riqueza turística, natural e termal por toda Europa, ademais de apoiar a candidatura de Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade”.

A primeira parada do equipo,  foi Verín, a vila natal dos tres aventureiros, para continuar ata Madrid onde foron recibidos pola embaixadora de Polonia en España,  Marzena  Adamczyk.

Pola súa banda, José Quintas, organizador do proxecto e un dos protagonistas da aventura incidiu en que, ademais de mostrar o comportamento das fontes renovables aplicadas á caravana nunha viaxe por Europa, “o documental reflectirá tamén a nosa experiencia persoal nesta aventura que se afasta completamente do noso día a día, percorrendo diferentes países nunhas condicións diferentes, e interactuando coas persoas que nos atopemos polo camiño como prescritores de Ourense en Europa”.

Todas as persoas que queiran seguir a aventura a diario poderán facelo a través das redes sociais da aventura

Instragram: www.instagram.com/caminosdetierraeuropa;

Facebook: www.facebook.com/caminosdetierraeuropa;

Twitter: @ CaminosTierra.

Comparte!!!

Relacionados