Instalación de semáforos na estrada de Santiago en Lérez. Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciará os traballos de mellora da mobilidade peonil na N-550, estrada de Santiago, na parroquia de Lérez. Consiste na instalación de tres pasos de peóns con semáforos que permitan atravesar a estrada con seguridade, algo que non ocorre na actualidade.

O proxecto consiste na instalación de tres pasos con semáforos en:

  • Ramallás coa Ferreira
  • Casaldourado coa Cendona
  • Á altura da marquesiña de transporte público.

Esta é unha histórica petición dos veciños de Lérez que se teñen concentrado nestes puntos reclamando ás administracións unha actuación. Aínda que se trata dunha estrada de Fomento que non autorizou a instalación de pasos sobreelevados, si permitiu colocar semáforos para garantir os cruces dos veciños, todos eles pasada a rotonda da avenida de Compostela con Médico Ballina.

O Concello decidiu asumir o custe desta intervención para seguranza dos veciños e veciñas, cun investimento de 208.000 euros.

Comparte!!!

Relacionados