Historia da Festa da Ameixa de Carril

A Festa da Ameixa de Carril, naceu en 1992 por iniciativa da Agrupación de produtores de parques de cultivo de Carril, co fin de promocionar o famoso bivalvo, así como para divulgar e pór en valor a actividade marisqueira, á vez que promove o turismo gastronómico da zona e atrae a miles de visitantes.

Celébrase todos os anos organizada polas dúas organizacións representativas do sector, a Agrupación de produtores de parques de cultivo de Carril e a Confraría de pescadores Santiago Apóstolo de Carril.

Nestes 23 anos de vida da festa adquiriu ano tras ano un éxito espectacular, até o punto de converterse nunha das principais citas do calendario festivo de Galicia. Nas últimas edicións  repartíronse máis de 2.300 quilos de ameixa babosa (a autóctona de Carril ), superando as 7.500 racións.

Nos seus dous días de celebración, a festa inclúe distintas actividades, como o concurso de pratos elaborados con ameixas, con premio para todos os participantes e 3 grandes premios de 1.000 €, 500 € y 250 €  e a degustación popular, ademais da elección de “Cabaleiros e Damas dá Orde dá Ameixa”, así como as entregas da “Ameixa de Ouro, Ameixa de prata, e os premios de “Parquista Xoven” e ” Parquista de Honra”.

Na actualidade, os parques de cultivo son o principal motor económico de Carril e un dos máis importantes de Vilagarcía de Arousa, sendo a ameixa o produto estrela

A historia e vida de Carril, están intimamente unidas á Ría de Arousa. Antes da súa unión en 1913, cos concellos de Vilxoán e Vilagarcía, dando lugar ao actual de Vilagarcía de Arousa, Carril era un municipio xa totalmente ligado á Ría e á súa riqueza. Habilitado desde 1512, o seu porto chegou a ser, a mediados do século XVIII, un dos máis importantes de Galicia e considerado “Porto Natural de Compostela”. Xa entón o marisqueo constituía o sustento para a gran parte dos homes e mulleres carrilexos, tal e como recolle un informe do xuíz da época, Domingo Mareos:”As mulleres da vila, como porto de mar, exercítanse na provisión e venda de mariscos que pescan os seus maridos, irmáns, fillos e familia, e adoitan ir vender algunha parte deles á vila de Padrón e cidade de Santiago, especialmente en tempos de Coresma.”

Na actualidade, os parques de cultivo son o principal motor económico de Carril e un dos máis importantes de Vilagarcía de Arousa, sendo a ameixa o produto estrela, pola súa calidade ten fama, non só en Galicia, senón en toda España. Dos parques de cultivo de Carril viven máis de 650 familias.

Dos parques de cultivo de Carril viven máis de 650 familias.

En 1992, la Agrupación de parquistas, impulso la Fiesta de la Almeja de Carril, con el objetivo de homenajear a este marisco, y más allá como iniciativa para divulgar la actividad marisquera y poner en valor el esfuerzo, muchas veces desconocido para la ciudadanía en general, de las mujeres y de los hombres que se dedican a ella.

Un objetivo en el que los organizadores están firmemente implicados, impulsando para este fin otras actividades como la edición y distribución de una revista y la realización de un vídeo documental “Hecho a mano.Historia de una profestión” , presentado recientemente y que a través de su distribución en los medios de comunicación, internet y diversas entidades, pretende dar a conocer la actividad de los productores de la almeja, al tiempo que impulsa el turismo en la zona.

Vídeo Documental


 Fonte: Wikipedia

Comparte!!!

Relacionados