Co gallo das exposicións “Castelao maxistral”, exposta na Cidade da Cultura e organizada pola Xunta de Galicia, e “Alba de Gloria”, exposta no San Domingos de Bonaval e organizada polo Consello da Cultura Galega, o Concello de Redondela, por medio do seu Servizo de Normalización Lingüística, quere contribuír á difusión de Castelao.
O día 24 de xaneiro na Casa da Cultura ás 19:30, a cargo de Carlos López Bernárdez que versará sobre “A derradeira leición do mestre”. Unha das pólas da súa investigación centrouse na pintura galega. É autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia e foi comisario de numerosas exposicións de arte galega.
Ademais destas conferencias tamén se colocará en vindeiros días unha mesa vitrina nas instalacións municipais que mostran o libro Cousas da vida de Castelao, os seus debuxos humorísticos e retranqueiros.