Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se…
Ver+