Marín; dos petróglifos á Escola Naval

Ten antigas orixes, tense constancia de poboados celtas sobre o s.500 a. de C., na zona coñecida como “Porteliña”, miradoiro natural sobre o Val de Marín e a ría. Doutra banda nesta zona hai presenza de dólmenes importantes, algún con lenda ás súas costas, como o de “Casa dos Lobos” preto de Sobreira, no que se di que no seu interior había tesouros, lenda esta moi común relativa a dólmenes e os “mouros”. Doutra banda en Mogor tamén existen vestixios destas antigas orixes, e podémolos ver nos seus petróglifos; o máis…

Ver+

Cursos do programa formativo XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE 2019 do GDR Pontevedra Morrazo.

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende este mércores o primeiro curso do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 dedicado a horticultura ecolóxica que organiza o GDR Pontevedra Morrazo e que se desenvolverá ao longo do mes de maio e xuño. Tralo éxito do ano anterior, a nova proposta formativa do GDR que conta con máis de 30 inscritos abordará ao longo das  de 54 horas lectivas do programa  os fundamentos da horticultura e gandería ecolóxica, a xestión sustentable do monte e producións alternativas así como un curso transversal…

Ver+

Historia del tren entre Pontevedra y Marín

Foto: Facilitada por el autor del artículo (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) La primera referencia que tenemos de la línea de ferrocarril de vía ancha  Pontevedra-Marín, data de Noviembre del año 1877, pero solamente quedó en una posibilidad. Más tarde y basándose en una R.O de Octubre de 1878, hubo dos solicitudes, una privada, promovida por Juan Florez, y otra por parte de la Diputación de Pontevedra, pidiendo un estudio para la viabilidad de esta línea. Nada se supo de la resolución de ninguna…

Ver+

Os Petróglifos de Mogor nas Guías Petite Futé. Marín

Na edición de 2019, novamente a guía de viaxes francesa Petite Futé selecciona o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor como un dos lugares que recomenda visitar, neste caso na edición dedicada a Galicia-Asturias-Cantabria-Castela e León. Os visitantes franceses soen ser cada ano un dos grupos máis numerosos de entre os turistas estranxeiros que se achegan a coñecer estes famosos petróglifos. E na próxima Semana Santa, o CIP Mogor voltará a abrir as súas portas de xeito continuo, dende o sábado 13 ao domingo 21 de abril, todos os…

Ver+

Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño. No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 O GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal. O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal…

Ver+

Acordo de colaboración entre Concello de Marín e Universidade de Vigo

Universidade de Vigo e Concello de Marín asinaron este venres un convenio marco de colaboración co propósito de promover a cooperación entre ambas institucións e “coordinar esforzos”, como salientou a alcaldesa deste localidade, María Ramallo, tras asinar, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, este acordo marco que ten unha duración de catro anos. “Como institución que ten que velar polos intereses públicos, estamos encantados das vías de colaboración que se abren con este convenio”, engadiu Reigosa, quen lembrou a proximidade de Marín ao campus de Pontevedra, así…

Ver+

V Andaina Montes e Praias. Marín

Este ano intentará chegar os quinientos participantes. Terá lugar o domingo 17 de marzo e xa se pode realizar a inscripción na páxina web www.galitiming.com ou presencialmente nas oficinas da AECC en Marín en horario de mañan. Na presentación estiveron os concelleiros de Turismo e Deportes, a presidenta local da AECC, un representante do Clube de Montaña Xesteiras e outra dos voluntarios da proba. Trátase dunha andaina que discurre nun 90% por camiños alonxados das estradas e que ten dúas modalidades, unha de 15 km apta para todos os públicos e outra mais dura de 25km para todos…

Ver+