A Feira do Viño do Ribeiro presenta as conferencias científicas e relatorios cos que se pretende poñer en valor o legado histórico do viño do Ribeiro tanto en Galicia como a nivel internacional. Terán lugar a semana previa á Feira do Viño do Ribeiro en diferentes puntos singulares e importantes na historia vitivinícola do Ribeiro e de Galicia.
Estes relatorios, enmarcados dentro da Feira do Viño do Ribeiro, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia, teñen como fin dar a coñecer o mundo da viña e do viño en Galicia ao longo dos tempos. Un mundo en permante evolución sobre todo na comarca do Ribeiro, dende o século I até o XXI , dous mil anos producindo viño. Dende a terra da Castela ate os viños de Ribadavia, Ourense e Milmanda, o Ribeiro, unha comarca histórica fornecedora de viños de gran prestixio en todo o mundo durante séculos.