Aberto o prazo para anotarse nos obradoiros gratuítos do espazo Cemit. Ourense

A Aula CeMIT volve abrir o prazo para a inscrición nos obradoiros gratuítos que ofrece de maio a xullo para a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica.

Emprazada no centro de coñecemento de La Molinera, ofrece preto de 120 prazas repartidas en 6 cursos. Estes pretenden instruír a cidadanía en áreas coma a ofimática, o manexo de móbiles, o arranxo de impresoras 3-D, o deseño de blogs con WordPress ou a e-Administración. As inscricións poden realizarse desde o venres 26 de abril, nos espazos web www.lamolinera.net ou en cemit.xunta.gal/centro/55

¬VER / DESCARGAR CURSOS

Comparte!!!

Relacionados