Inauguración da exposición de fotografías: “FALANDO EN PRATA VIII” Ateneo de Ourense

Día 18, venres, ás 20:00 horas

O Ateneo de Ourense, inaugura a VIII edición da exposición Falando en Prata, comisariada por Pablo González Prieto, Vicepresidene do Ateneo de Ourense,

“Falando en prata” comezou o seu percorrido dentro do “Outono Fotográfico” como colaboración anual do Ateneo de Ourense. Trátase dunha escolma de traballos feitos por fotógrafos de todo o Estado.

A única característica en común de todas ás obras é o feito de estar realizadas con métodos tradicionais ou históricos, positivadas por calquera medio que produza como resultado final unha fotografía realizada en calquera soporte fotosensible e excluíndo taxativamente todas aqueles realizadas con medios dixitais.

Comparte!!!

Relacionados