Foto: You tube No municipio de Bueu, a celebración da festa do Corpus remóntase ao século XVII. A partir da documentación máis antiga atopada na parroquia –libros da Confraría do Santísimo Sacramento dende 1740- dedúcese que xa existía con anterioridade. Durante todo este tempo, a procesión que se realiza despois da misa evolucionou moito, tanto no seu percorrido como nos elementos empregados na mesma. Nun principio, o Santísimo limitábase á igrexa, onde había rodas de adoración por parte dos fregueses. Despois, esta ampliouse cunha procesión arredor do adro da igrexa,…
Ver+Categoría: Vídeos
Faro da Illa de Tambo
A construción do faro de Tambo, tamén chamado o faro de Tenlo Chico, aprobouse en xuño de 1916 dentro do plan xeral de balizamento da Ría de Marín e Pontevedra, cunha luz branca de ocultacións equidistantes, para que servise de enfilación aos barcos que buscasen o porto de Marín. A súa construción prolongouse ao longo de dous anos, e luciu por primeira vez en 1922. A Súa Luz É unha luz nova, de apenas medio século, levantada en 1955 cunha óptica dióptrica de 375 milímetros de diámetros, con dobre quemador…
Ver+Marín; dos petróglifos á Escola Naval
Ten antigas orixes, tense constancia de poboados celtas sobre o s.500 a. de C., na zona coñecida como “Porteliña”, miradoiro natural sobre o Val de Marín e a ría. Doutra banda nesta zona hai presenza de dólmenes importantes, algún con lenda ás súas costas, como o de “Casa dos Lobos” preto de Sobreira, no que se di que no seu interior había tesouros, lenda esta moi común relativa a dólmenes e os “mouros”. Doutra banda en Mogor tamén existen vestixios destas antigas orixes, e podémolos ver nos seus petróglifos; o máis…
Ver+O Cemiterio Dos Ingleses
As nosas costas, e sobre todo, a famosa “Costa da Morte”, é temida en todo o mundopola súa dureza, é a cara implacable e severa da costa galega, con fortes ventos, cantiis inclementes e con grandes arrecifes e roquedales. O certo é que a pesar da súa crueza, a Natureza neste punto ofrece unha estampa espectacular, pero tamén impresiona, e é cruel. Todos temos recordos “negros” na nosa memoria desta costa con naufraxios importantes, pero como é lóxico, antigamente era moito peor, porque claro non había gardacostas, nin helicópteros que…
Ver+Barro; entre capelas e muíños
Na foto San Martiño. Agudelo. Barro. As pegadas da antiga ocupación humana remítennos aos castros de Barro e Randulfe, ademais dos restos romanos da antiga Vía XIX. É necesario subliñar a igrexa de San Martiño de Agudelo, con notables restos tardorrománicos na ábsida (nun capitel represéntase un músico cunha zanfoña e unha viola) e na portada occidental, na que destaca a figura de San Martiño co Agnus Dei no seu tímpano. Débese destacar igualmente a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos, así como a barroca de…
Ver+Música Galega: BRATH
Foto facilitada por el autor del artículo (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) Allá por los 80 surge un grupo gallego de Lugo, que incorpora al folk gallego instrumentos que solo estaban reservados para el rock, como la batería y las guitarras eléctricas. Toda una revolución en la música de Galicia que inició un camino que poco a poco recorrerían la mayoría de los grupos gallegos. BRATH que nació con la clara intención de acercar a la gente joven a una nueva música gallega y…
Ver+Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio
Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa. Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e…
Ver+‘Paulina Mestra de Soños’. Traballo – Homenaxe audiovisual. Redondela
Un novo traballo audiovisual preséntase en Redondela, que fala da biografía da mestra Paulina Sánchez Otero (1898-1971), personaxe moi querido na vila de Redondela. Muller volcada coa educación e o desenvolvemento social da localidade, a mestra Paulina “deixou un rastro de agarimo e recoñecemento polo seu labor didáctico e dinamizador da cultura local, durante anos complicados tanto no social como no educativo. Defínindoa como persoa inconformista e vangardista”, indica a edil de Cultura, Teresa París. Entre os proxectos que Paulina Sánchez Otero desenvolveu lémbranse obras teatrais ás que sumaba colaboradores…
Ver+Galerías de fotos do desenvolvemento do Entroido 2019 en Xinzo de Limia
¬CLICK AQUÍ Petardazo 19 ¬CLICK AQUÍ Fareleiro 19 ¬CLICK AQUÍ Colgamento do Meco 19 ¬CLICK AQUÍ Album Oleiro 2019 Petardazo 2019 Fonte: Concello de Xinzo de Limia
Ver+“Eu en ti”; de Celso Emilio Ferreiro por Abe Rabade e Salvador Sobral
Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos,…
Ver+O Castelo de Sobroso
Foto: Wikipedia O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado en Vilasobroso (Mondariz) No territorio de Vilasobroso foi onde tivo a orixe o antigo señorío de Sobroso, na actualidade marquesado de Sobroso, dende o 18 de maio de 1625. O lugar que ocupa era terra de sobreiras, que lle deron nome ao castelo e á súa vila. Existiu no seu lugar un castro prerromano. As orixes do castelo remóntanse posiblemente á época da expansión cristiá cara ao sur da Península Ibérica, pero a primeira referencia sobre…
Ver+