Degustación de produtos sen glute na Casa da Luz. Pontevedra

A Casa da Luz acollerá o vindeiro sábado 11 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, unha degustación de produtos sen glute, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) co soporte da Concellería de Benestar Social Municipal.

A cita forma parte das actividades desenvolvidas pola asociación arredor do Día das Persoas Celíacas, que se celebra o 31 de maio.

Acega traballa na divulgación da enfermidade celíaca e está a poñer o foco na necesidade de concienciar á hostalería da necesidade de que haxa opcións nas cartas para que as persoas celíacas poidan ter seguridade á hora de gozar dunha boa alimentación tamén no tempo de ocio.

Comparte!!!

Relacionados