Bandeiras azuis nas praias de Sanxenxo

A praia de Panadeira recupera a bandeira azul e Sanxenxo amplía unha bandeira máis a nivel nacional.

Coa chegada da bandeira azul á praia de Panadeira, Sanxenxo acumula 17 areais con bandeira azul dos 18 posibles.  Así pois, Sanxenxo terá 14 bandeiras azuis en 17 areais.

A lista de bandeiras azuis é a seguinte:

  • Areas
  • Panadeira
  • Silgar
  • Baltar
  • Caneliñas
  • Canelas
  • Paxariñas
  • Montalvo
  • Pragueira
  • Major
  • Bascuas
  • A Lanzada- O Espiñeiro
  • Foxos- Nuestra Señora de A Lanzada
  • Areas Gordas- A Lapa

Coa recuperación desta bandeira,  Sanxenxo recuperou en tan só 2 anos, 3 bandeiras azuis que se perderon no pasado Areas, Caneliñas e Panadeira.

Para recuperar a bandeira azul, Panadeira conseguiu ter unha calidade de auga cualificada como “excelente”, nas mostras tomas ao longo do ano. Ademais, contará con todos os requisitos esixidos para ondear a bandeira, socorristas, aseos, aseos adaptados, accesos en bo estado, paneis informativos, etc.

Tamén conta coa cualificación de  “Senderos Azules”: Tramo Carreiro Máxico da Lanzada, Tramo Major – Montalvo, Tramo Montalvo – Paxariñas, Tramo Canelas – Punta Cabicastro, Tramo Sanxenxo – Portonovo e Tramo Areas – Punta Festiñazo. E co Centro Azul do Centro de Interpretacións As Tellerias.

Comparte!!!

Relacionados