Aberto o plazo de inscrición para o Bautizo do Cigarrón Entroido 2019. Verín

Aberto o plazo de inscrición para aqueles que queiran participar neste evento o sábado 02 de marzo do 2019, na praza da Merced de Verín, a partir das 16:00h, sen límite de idade, con límite de rexistro.

Os interesados deberán enviar un correo electrónico a ocigarron@gmail.com co nome completo, data de nacemento e número de teléfono. Deben ir acompañados para vestirse e recibir a bendición como cigarrón.

Durante este evento, haberá un monólogo, o bautizo do cigarrón, unha ofrenda na praza do cigarrón, reparto gratuito de bica e algún espirituoso, un sorteo dunha mácara e látigo, e poderedes levar unha das nosas camisetas oficiáis  da asociación.

Fonte. Carnaval de Verín

Comparte!!!

Relacionados