Bases
- Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado dos centros escolares, públicos ou concertados, do Concello de Ourense, dos seguintes niveis educativos: ESO, Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores.
- As obras deberán ser inéditas, estar escritas en prosa ou en verso (relato breve ou poesía), en lingua castelá, ser orixinais, inéditas e individuais, de tema libremente elixido e coa seguinte extensión:
Os textos de narrativa non excederán de cinco folios escritos por una soa cara con letra Times New Roman de doce puntos, xustificado e interliñado sinxelo.
Os textos de poesía non excederán de sesenta versos escritos coas mesmas condicións que os anteriores.
- Os orixinais deberán presentarse nun sobre grande onde constará no seu exterior: título do traballo, narrativa ou poesía, pseudónimo e nivel académico. E no seu interior nun sobre pechado, constarán os datos persoais do autor: nome, apelidos, no DNI, teléfono de contacto, correo electrónico, curso e centro educativo.
- Os traballos entregaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense. O prazo de presentación remata o 20 de marzo de 2019 ás 14 h.
- Será obrigatorio tamén, enviar o traballo en formato PDF ao correo electrónico: educa.programas2@ourense.es, especificando no asunto: título do traballo, narrativa ou poesía, pseudónimo e nivel académico.
- Outorgarase un premio de narrativa a cada nivel educativo:
O de 1o e 2o de ESO estará dotado con bolígrafo electrónico.
O de 3o o 4o de ESO cun libro electrónico.
O de Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores outro libro electrónico.
- Así mesmo concederase un único premio de poesía que será outro libro electrónico.
- O importe dos premios será con cargo á aplicación orzamentaria 200 3260 22610 do orzamento municipal vixente.
- O xurado poderá conceder as mencións que estime oportunas cos seus correspondentes lotes de libros.
- Se os traballos non reunisen a calidade suficiente, o xurado podería deixar deserta algunha modalidade.
- O xurado estará composto por profesorado dos departamentos de Lingua Castelá e Literatura de distintos centros escolares e persoal da Concellería.
- A decisión do xurado e a entrega de premios faranse públicos nun acto oficial no Salón de actos do IES Blanco Amor, no mes de abril de 2019.
- O Excmo. Concello de Ourense resérvase os dereitos de publicación e de edición das obras gañadoras.
- A participación nesta convocatoria leva implícita a aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.