Concello e CSIC comparten un obxectivo: darlle visibilidade á Misión Biolóxica. Pontevedra

O alcalde Miguel Fernández Lores recibiu esta mañá ao novo delegado do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas), Antonio de Ron Pedreira. Na que foi a súa presentación oficial estivo acompañado por Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia, centro radicado en Salcedo e que no ano 2021 cumprirá 100 anos de vida adicado á investigación e as ciencias agrarias. Lores e De Ron concordaron no obxectivo de “visibilizar máis a existencia da Misión Biolóxica na cidade”, un organismo non suficientemente coñecido, aínda sendo un centro investigador público, pioneiro…

Ver+

Cruz Gallástegui: o home que fixo ‘florecer’ os campos de Galicia

Foto: Wikipedia / Galiciana Cruz Angel Gallástegui Unamuno, vasco de nacemento e pontevedrés de adopción, nado en Bergara (Guipúscoa) en 1891, faleceu en 1960 na capital das Rías Baixas. Considéraselle pioneiro e precursor no continente europeo en experimentar con híbridos de millo, ademais de ser un dos principais impulsores da modernización da agricultura galega. Logo de facer estudos agropecuarios en Limoges onde obtén a Diplomatura en Xardinería e Arboricultura froiteira, trasládase a Alemaña, onde cursa estudos de enxeñería superior agrícola, que finaliza en 1914. A finais de 1917 trasládase a Nova…

Ver+