Sétima Feira. Nova cita 11 de maio. Pontevedra

Chega o segundo sábado de mes e con el unha nova cita con Sétima Feira no 1o andar do mercado de abastos. Moda, deseño e arte e tamén música, gastronomía e obradoiros para nenos e nenas converterán encherán de vida este espazo o vindeiro 11 de maio, de 11.00 a 15.00 horas. A participación no fervedoiro creativo infantil é de balde mais con previa inscrición a través do enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou por orde de chegada. Neste ocasión os nenos e nenas, de 6 a 12 anos, enfrontará a gravación de…

Ver+

Sétima Feira amosa o sábado as propostas dos creadores emerxentes e do comercio local. Pontevedra

A primeira planta do Mercado de Abastos volverá a acoller este sábado, 9 de marzo, unha edición desta nova xeira de Sétima Feira. Como cada segundo sábado de mes, o primeiro andar da Praza estará aberto de 11.00 a 15.00 horas con ofertas de arte, moda, comida e música. A parte infantil tamén é un dos reclamos da Sétima Feira. Nesta ocasión a cativada descubrirá o coidado do corpo, a orixe dos bailes, como improvisar e fabricar o seu propio estilo practicando danza contemporánea, africana, break ou hip-hop. A entrada…

Ver+

Volve Sétima Feira este sábado. Pontevedra

Sétima Feira volve ao 1o andar do mercado de abastos, “ao espazo para o que foi pensada e onde mellor funciona”, en palabras da concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. A primeira cita co renovado espazo do mercado terá lugar este sábado, 9 de febreiro, en horario de 11.00 a 15.00 horas. As obras de reforma do mercado levaron Sétima Feira até as Galerías Oliva o pasado mes de decembro. Agora volve ao mercado, onde estreará unha nova disposición: os postos estarán no espazo central e o fluxo de…

Ver+