Verín: natural como as súas augas

Foto: Aguas de Sousas

Das augas vai o asunto e por tanto falaremos das súas fontes e balnearios.

O primeiro dos balnearios que visitamos é o de Cabreiroá que está situado máis ou menos 1 km do centro histórico de Verín. As augas deste manancial foron declarados de utilidade pública no ano 1906. O gran impulsor deste espazo termal, foi o empresario José García Barbón que xunto co certificado emitido por Ramón y  Cajal en relación ás propiedades curativas das augas darán o impulso definitivo para construír o balneario en 1909.

Foto: Estatua a García Barbón en Verín / Wikipedia – (Estevoaei)

O segredo da excelente calidade das súas augas reside no manancial e na contorna natural no que se atopan as augas, a unha profundidade superior aos 100 metros o que garante a pureza e conservación de todas as súas propiedades.

O balneario de Sousas está situado nos arredores da vila. As primeiras instalacións datan de 1859 ano en que as súas augas foron declaradas de utilidade pública.Na actualidade só consérvase o antigo quiosco en cuxo interior está a fonte. A este potencial balneario sumóuselle en 1902 o balneario de Fontenova xa coñecido anteriormente como fonte de Espido.

Algúns estudos afirman que xa en época romana eran coñecidas as súas excelentes propiedades foi declarada de utilidade pública en 1904.

Foto: Interior manantial de Cabreiroá / Wikipedia – CMDoro 

Outros mananciais son, o de Caldeliñas e Fonte do Sapo ambos moi próximos a Verín e de titularidade municipal. O de Caldeliñas máis coñecido entre os veciños como “O Baño” e actualmente en ruínas. Aínda se conserva entre os seus restos a memoria do seu pasado esplendor a través da súa estrutura exterior intacta.

A pesar de que non existen referencias históricas ata principios do século XX a súa historia é complementaria á de Sousas pola oferta de uso balneoterápico , que non posuía Sousas, e ademáis pertencían ao mesmo propietario.  O balneario foi construído no século XIX e aínda que na actualidade atópase en ruínas tras ser pechado ao público no ano 1960. Aínda se pode contemplar a beleza da súa construción.

O manancial coñecido como Fonte de Sapo é o máis popular de todos. Está situado nun frondoso e fermoso lugar cuberto de pedras cunha fonte rústica.

Foto. Balneario de Caldeliñas / eurociudadeschavesverin

Fonte: Xunta de Galicia

 

 

Comparte!!!

Relacionados