Foto: Wikipedia María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita, nada en Sigrás contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra do ataque inglés acontecido no ano 1589. Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha familia modesta. No ano 1581 contraeu matrimonio co carniceiro Xoán de Rois que morreu no ano 1585, ao que lle seguirían outros tres esponsais máis: co tamén carniceiro Gregorio de Rocamonde, que morreu no ano 1589 durante o cerco inglés, co mestre…
Ver+