Espectáculo ‘Raulidad virtual’, e gravación de ‘Malo será’, nesta semana no Auditorio de Ourense

O humor protagonizará esta semana a programación do Auditorio con dous espectáculos que lle achegarán ao público ourensán o talento de intérpretes tan populares como Xose Antonio Touriñán ou Raúl Pérez. O xoves, o espazo municipal acollerá a gravación de “Malo será”, un programa de humor que se grava nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Consiste nunha sucesión de sketches sobre temas universais, con acenos ás distintas localidades e protagonizados por un elenco de actores e actrices de Galicia, que lidera Marta Doviro, coa compaña dunha banda de música…

Ver+

Ourense prepárase para o Entroido 2019. Avance Programa

Ourense inicia a conta atrás do Entroido 2019 desvelando os primeiros detalles do programa festivo, que irá desde o 28 de febreiro, xoves de comadres, coa lectura do pregón a cargo do actor Xosé Antonio Touriñán, até o 6 de marzo, co tradicional Enterro da Sardiña. Na presentación, no salón de plenos, estiveron presentes tamén os entroidos da cidade -a Paquita e o Nicanor de Seixalbo, o Frei Canedo da Ponte, e a Pita das Eiroás-, porque “o Entroido faise entre todos e a cidade brilla diferente cando as asociacións…

Ver+