A cidade en imaxes: A xogar! xa ten gañador : Carlos Andrés Pereira

O concurso de fotografías A cidade en imaxes: A Xogar! xa ten gañadores. O primeiro premio -dotado con 800 euros- foi para Carlos Andrés Pereira. O xurado valorou na súa imaxe “1-concurso” a localización, nunha zona céntrica da cidade recuperada para as persoas e o feito de que sexa unha imaxe dinámica, tecnicamente ben realiza e que salienta o ámbito urbano. A primeira edición do concurso está incluída no proxecto A cidade en imaxes que promove o Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Promoción da Cidade e Taller…

Ver+

Obras seleccionadas dos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita. Ponte Caldelas

En Ponte Caldelas a 01 de abril de 2019 e de conformidade coas bases que rexen o concurso de selección do cartel oficial e de fotografías da LIII Festa da Troita se realiza o cómputo dos votos presentados e procédese á apertura dos sobres cos datos persoais dos participantes e a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nas bases. Proclamándose como gañadores dos concursos convocados os seguintes: XVIII Concurso de Carteis: – C17: Verdugo Duende. Dª Maria del Carmen Guzmán Araujo. XVIII Concurso de Fotografía: – 1º premio: f 39.…

Ver+

Conferencia: ‘As orixes da fotografía e os fotógrafos composteláns en Ourense’. Ateneo Ourense

Día 20, mércores, ás 20:00 horas Conferencia: ‘As orixes da fotografía e os fotógrafos composteláns en Ourense’ por Carlos Castelao. A conferencia versará sobre: «Unha rápida ollada á situación da fotografía galega nos seus primeiros anos, trazando un panorama dos seus principais fotógrafos, mais tamén das características que foron definindo á fotografía en cada momento. Deterémonos especialmente naqueles fotógrafos composteláns que mantiveron unha relación con Ourense. É o caso de Carlos García, María Cardarelly, Manuel Chicharro, Jesús Varela, Ernesto Carrero, Patricio Bocconi, Ricardo Otero, Miguel González Amor ou Luis Ksado.…

Ver+

A cidade en imaxes. A xogar!. Concurso fotográfico. Pontevedra

I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar! A temática xira arredor de como as nenas e os nenos viven o espazo público de Pontevedra, co obxectivo de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía da cativada na nosa cidade. Poderá participar no certame toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada á fotografía. A imaxe gañadora será premiada con 800€. O prazo de recepción de propostas abriuse hoxe 14 de marzo, ao mediodía e pechará o día 22 de…

Ver+

Curso Adobe Lihgtroom. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

09 de marzo ás 10:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel   Obradoiro que desvela todo o potencial de Lightroom, un dos programas máis completos e útiles na fotografía. Unha xornada de intercambio de coñecemento sobre a actividade fotográfica desde a toma, a edición e a súa socialización co Lightroom como eixe vertebrador. Imparte: Julio Eiroa Horario: 10.00 – 14.00h / 16.oo – 20.00h Dirixido a: Calquer profesional ou persoa afeccionado á fotografía. Contidos do Obradoiro Qué é Adobe Lightroom? Entorno de traballo. Fluxo de traballo. Módulo biblioteca. Módulo revelado. Outros módulos. Comunicación…

Ver+

‘Chiloé. Unha ollada Compartida’ e ‘Retratos documentados’. Fotografía espello de Galicia

Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra. No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé.   –¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra –Perdone usted, estamos en la mía –¿pero no es esto Ortigueira en Galicia? –No señor, es Quellon, en Chiloé Eduardo Blanco Amor…

Ver+

Exposición: «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo». AFUNDACIÓN Pontevedra

A finais de febreiro sacamos á luz un novo traballo fotográfico do artista Xosé Abad, «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo», unha exposición en que o artista amosa mulleres de distintas xeracións, nais e fillas, unhas fronte ás outras, para dar conta dos cambios alentadores que se deron na nosa sociedade en favor delas. Do 27 de febreiro e ata o 1 de xuño poderás descubrir no Café Moderno de Pontevedra este bonito proxecto que aplaude mulleres bravas, as súas traxectorias, esforzos e consecucións no eido laboral e persoal. Abad dá pé ao optimismo, hai…

Ver+

Exposición fotográfica ´Potiños sobre o Entroido Ribeirao’. O Carballiño

Dezaséis fotografías de integrantes da Asociación Fotográfica O´Potiños sobre o Entroido Ribeirao, conforman unha mostra que se abriu  no concello e que permenecerá ata o remate do entroido e da Festa da Cachucha, o 10 de marzo. Esta exposición, que poderá visitarse de luns a sábado, complementa a programación cultural do Entroido e da Festa da Cachucha no Carballiño, que comezará oficialmente o venres 1 de marzo coa Ruta das Tapas e a Festa Vaqueira de disfraces, e que, tras sete días de actividades, culminará o domingo 10 de marzo…

Ver+

8º Concurso Fotográfico “Unha Mirada de Xénero: Menores en Igualdade”. O Carballiño

O 8º Concurso Fotográfico que organiza a área de Igualdade do concello do Carballiño, en colaboración coa Asociación Fotográfica O´Potiños e o Centro Comercial Aberto, leva nesta edición o lema “Unha mirada de xénero: Menores en igualdade”. Terá, como nas edicións anteriores, tres premios para as tres mellores fotografías, de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, en vales de compra para gastar nos comercios do Carballiño, e o prazo para a presentación dos traballos finalizará o 1 de marzo para a entrega en man, e o 3 de marzo para…

Ver+

Obradoiro “Mulleres fotógrafas.”. Museo de Pontevedra

Neste obradoiro experimental achegarémonos ao mundo da fotografía e das mulleres que fixeron historia neste eido. Neste senso debuxarase un eixe cronolóxico que comezará coas fotógrafas pioneiras ata as protestas dos anos 70, facendo fincapé na evolución da profesión e explicando algunhas das máis afamadas fotógrafas: artistas, documentalistas e fotógrafas de prensa. Afondarase tamén na vida das fotógrafas galegas ou relacionadas con Galicia que fixeron historia. Coma Antonia Santos García, Cándida Otero, Maria Cardarelly, que xa forman parte da historia da cultura fotográfica galega. Ademais haberá unha parte práctica na…

Ver+

Concurso de Fotografía polo Día da Muller Traballadora. Ribadavia

Con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, a Concellería da Muller e Igualdade, do Concello de Ribadavia, celebra un ano máis o concurso de fotografía en colaboración cos Establecementos Asociados do Ribeiro e a Asociación de Fotógrafos do Ribeiro. A temática está relacionada coas mulleres do Ribeiro no eido laboral. A finalidade non é outra que outorgarlle o papel que desenvolven as mulleres nos diferentes ámbitos, darlle visibilidade e o lugar que merecen. ¬VER / DESCARGAR BASES CONCURSO CLICK AQUÍ

Ver+