A cidade en imaxes. A xogar!. Concurso fotográfico. Pontevedra

I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar! A temática xira arredor de como as nenas e os nenos viven o espazo público de Pontevedra, co obxectivo de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía da cativada na nosa cidade.

Poderá participar no certame toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada á fotografía. A imaxe gañadora será premiada con 800.

O prazo de recepción de propostas abriuse hoxe 14 de marzo, ao mediodía e pechará o día 22 de abril ás 23.59 horas.

– Xornadas fotográficas para nenas e nenos. O programa inclúe tres xornadas fotográficas dirixidas a nenas e nenos, de 8 a 12 anos, que percorrerán a cidade para fotografar o que lles chame a atención da súa contorna. As instantáneas serán feitas con cámaras dun uso e serán reveladas e seleccionadas para formar parte dunha publicación do Concello de Pontevedra cun deseño orientado á promoción turística da cidade

As xornadas terán lugar na Casa da Luz nas seguintes datas:

  • 23 de marzo, de 12.00 13.00 horas
  • 30 de marzo, de 11.00 a 12.00 horas
  • 30 de marzo, de 12.00 a 13.00 horasFormularios de inscrición e bases do concurso  descargar en: www.pontevedra.gal/cidade-en- imaxes/
Comparte!!!

Relacionados