Festas de Gondar. Sanxenxo

O día 26 será a XII Festa da Xuventude coa actuación de Henry Méndez. Ademais contarán con DJs locales como Víctor Rívas, Dumore, Paco Vulkano e DJ Ench.

O día 30 de abril, a partir das 22.30h. será a verbena previa ao día grande, a cargo das orquestras Trébol e Televisión.

O día 1 de maio, día de Santo Tomé, haberá, logo da salva de bombas anunciando o inicio do día grande, un pasarrúas co grupo de gaitas os Cruceiros de Vilalonga e da Fanfarria Furruxa.

Ás 13.00h. será a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Fanfarria Furruxa, na carpa instalada para a ocasión.

Pola tarde terá lugar o X Torneo Festas Sto. Tomé, co partido de Solteiros contra casados. O fin de festa será a partir das 22.30h, coa orquestra Abanico.  E durante o transcurso da verbena haberá sorteos de diferentes premios.

Comparte!!!

Relacionados