‘Conto Contigo’. Campaña para donos de cans. Soutomaior

Ter una mascota na casa é sempre un motivo de ledicia pero unha das cousas que as nosas mascotas non poden facer e recoller os seus excrementos cando saen á rúa. Por iso é necesario concienciarse xa que é pouco esforzo e unha cuestión de hábito. Desta maneira mellórase a convivencia entre veciños/ as evitando problemas. Para facilitar este labor cívico o Concello de Soutomaior entregará aos que o desexen un Kit Sanecan con bolsas de recollida que se poderá recoller nas oficinas do Concello, Biblioteca, Multiusos e Pavillón ata…

Ver+

Programa Festival de Cine e Música Infantil de Soutomaior e Carreira Infantil da Ostra

VENRES 29 DE MARZO Cé Orquestra Pantasma (Galicia)  Data: Venres, 29. Marzo 2019  Horario: 20:30  Destinatarios/as: Todo o público Lugar da actividade:  Multiusos, ArcadePrograma Festival de Cine e Música Infantil de Soutomaior e Carreira Infantil da Ostra Entrada: Libre DESCRICIÓN Iván Gulín Cé Orquestra Pantasma (Galicia) Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Coa música como elemento común, Cé Orquestra Pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre si. Co seu espectáculo, esta compañía galega consegue transportarnos aos tempos…

Ver+

Posta en marcha do circuíto viario e do rocódromo infantil. Soutomaior

Foto: Concello de Soutomaior A educación viaria infantil debe ser educación en valores e actitudes xa que teñen as súas raíces na convivencia e no respeto a todos. Neste circuíto con todo un seguido de carrís para que os máis pequenos teñan o primeiro contacto coa bicicleta urbana. Circuíto de sentido único e obrigatorio onde os nenos teñen que seguir a sinalización de dirección.  

Ver+

Restauración da Ponte de Comboa. Soutomaior

Foto: Concello de Soutomaior Unha actuación destinada a poñer en valor un símbolo do patrimonio cultural e histórico de Soutomaior. Os primeiros traballos comezaron coas tarefas de recuperación da contorna da ponte. Con eles preténdese recuperar a contorna ambiental orixinal do enclave, polo que se eliminaron as especies de flora consideradas invasoras, como a acacia ou a mimosa, para potenciar as especies autóctonas, como o carballo ou o bidueiro. Unha vez terminada a recuperación ambiental da marxe esquerda, empezaron as primeiras tarefas de restauración na ponte, centradas na limpeza da…

Ver+

Coleroteiros: Programa Camiños escolares do Concello de Soutomaior

ColeRoteiros, Camiños Escolares en Soutomaior, é un programa municipal educativo e xuvenil dirixido a facilitar que nenos, nenas, mozos e mozas poidan ir aos centros educativos camiñando ou en bici. Un proxecto global e transversal do Concello de Soutomaior que ten como fin impulsar hábitos máis saudables de mobilidade, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria. Poñendo en marcha itinerarios denominados ColeRoteiros que estarán identificados coa mascota do proxecto: Roti; As persoas inscritas poderán participar nas Rotiquedadas para ir en grupo ao cole dun xeito saudable e divertido aprendendo a percorrer estes camiños…

Ver+