A paixón do motor volve esta fin de semana a Ourense da man da décimo terceira edición do Xirakárting, un evento destinado ao público familiar e que, do 5 ao 7 de abril, quere facer gozar do pracer de conducir nun circuíto pechado e inocular nos máis cativos a paixón polo deporte das catro rodas. “Unha paixón que, aos poucos, está xestando toda unha xeración de novos pilotos”, afirmaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación do evento. “Pilotos en masculino e feminino, pois este evento é parte do…
Ver+