Actividades deportivas na semana das Festas de Ourense

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade. En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol…

Ver+

Bueu recibe ao taekwondista Ángel López Ventín

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste xoves o acto de recibimento oficial a Ángel López Ventín, deportista da vila que vén de recoller o título de campión de España de Taekwondo na categoría de freestyle +18, na competición celebrada en Alicante o 10 de marzo. Así mesmo colleitou cinco medallas no europeo, que tivo lugar en Turquía do 2 ao 6 de abril: Prata dinamic Kick (trinking), Prata spinning kick, bronce jumping múltiple kick, bronce freestyle breaking e bronce en freestyle poomsae over 17.…

Ver+

O Club “O Mirador” de Monte Porreiro gaña 12 ouros e 1 prata no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas. Pontevedra

“O futuro do deporte é a inclusión”. Con esta guía naceu en Pontevedra un proxecto deportivo inclusivo, pioneiro no mundo e que está a medrar e a colleita os primeiros éxitos. Os atletas do Club de Artes Marciais “O Mirador” de Monte Porreiro veñen de gañar trece medallas -doce ouros e unha prata- no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas que tivo lugar en Córdoba e hoxe foron recibidos no Concello polo alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro. Unha recepción que tiña como obxectivo…

Ver+

O Concello de Bueu recibe ao Club de Loita do Morrazo

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste martes un recibimento oficial con algúns dos rapaces e rapazas do Club de Loita do Morrazo que asistirán ao Campionato de España de Grappling, que se celebra na localidade valenciana de Sagunto entre o 15 e o 17 de febreiro. Así o salientou Fabián Thiebaut, presidente do Club, quen estivo acompañado polo alcalde de Bueu, Félix Juncal, polo concelleiro de deportes, Manuel Otero, pola edil de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, e pola de igualdade, Ana Isabel…

Ver+