O cemiterio municipal de San Amaro (o San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio.
San Amaro é un cemiterio decimonónico e neoclásico, construído hai máis de 130 anos e proxectado polo arquitecto Rodríguez-Sesmero en 1879, figura clave da Restauración en Pontevedra e inaugurado o 29 de setembro de 1882.
O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.
Na foto o sepulcro de Muruais
Algúns persoeiros enterrados no camposanto:
- Fernando Sarabia(1781–1849), militar e político.
- Andrés Muruais(1851–1882), escritor e xornalista.
- Indalecio Armesto(1838–1890), escritor, xornalista, xurista, filósofo e político.
- Jesús Muruais(1852–1903), escritor e xornalista.
- Eduardo Vincenti(1857–1924), político.
- Perfecto Feijoo(1858–1935), farmacéutico e musicólogo.
- Alexandre Bóveda(1903–1936), intelectual e político.
- José Adrio Barreiro(1910–1936), avogado e político.
- Celestino Poza Cobas(1868–1954), mestre, médico e político.
- Antonio Iglesias Vilarelle(1891–1971), mestre e músico.
- Francisco Javier Sánchez Cantón(1891–1971), historiador.
- Manuel Cuña Novás(1924–1992), escritor e político.
Na foto: Homenaxe a Celestino Poza, Aurora Poza e José Adrio