Foto. El Anunciador // Galiciana
Sae o 1 de xaneiro de 1877. O subtítulo do mesmo era Diario de Noticias anuncios e intereses morales y materiales fundado polo seu propietario José María Madrigal. Os diferentes directores foron Indalecio Armesto, José Suárez, Juan Manuel Rodríguez, Cosme Fernando Soler, Emilio Couto, José Sequeiros Matos.
Nos primeiros tempos como periódico foi de corte independente, nunha segunda etapa foi liberal, e nunha terceira plenamente republicano tendo entre as súas premisas estar ao servizo da democracia non apoiando a monarquía.
Precisamente polo seu ideario en 1881 recibiu unha denuncia e a consecuencia diso suspéndese a súa publicación. Durante eses días que dura a sanción publicarase baixo o nome do El Avisador.
En 1879 no mes de novembro cambia de novo subtítulo polo de Diario de intereses generales noticias y anuncios e xa desde principios de 1885 como Diario de Pontevedra.
Facer unha aclaración sobre este punto, e é que anteriormente entre xuño e outubro 1879 publicouse tamén un Diario de Pontevedra editado e dirixido por Claudio Cuveiro. O encabezado do Diario de Pontevedra tivo diferentes etapas ao longo da súa historia ata a que se recoñece como quinta que é a que coñecemos hoxe en día.
Pero sigamos coa historia do Anunciador que xa rematamos en breve… En maio de 1891 foi o Partido Republicano o que se encargou da súa redacción e o subtítulo do xornal pasou a ser Diario Republicano que cambiou posteriormente a Diario Republicano Progresista. En 1892 fanse cargo do diario os progresistas do partido e finalmente desaparece en maio de 1893.