Exposición “Entroido é todo” de Aurora López. Verín

Foto: Concello de Verín Até o día 8 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Vintesete obras, asinadas co seu nome de pía ou co de Tirabeke (que utiliza como deseñadora), compoñen esta exposición monográfica sobre o tema Entroido que está aberta de luns a venres das 16:30 ás 20 h. A mostra ofrécenos unha viaxe rápida e sucinta polos distintos aspectos nos que a pintora e deseñadora de Albarellos de Monterrei aplica a súa creatividade sobre a festa máis…

Ver+

Verín acolle dúas mostras na Sala de Exposicións

Desde o 29 de xaneiro,  a Sala de Exposicións de Verín acolle as exposicións “OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”, ata o día 14, e “15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE”, ata o día 7 de febreiro. Coa finalidade de divulgar os 17 obxectivos que se pretenden conseguir até o ano 2030, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (no que participa o Concello de Verín) reuniu a 15 debuxantes de Galicia, Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau para que realizasen 17 viñetas, unha por cada un…

Ver+