Foto©Porgaliciabaixo
Outra das grandes festas enraizadas profundamente na poboación ourensá; e tamén no resto de Galicia.
Representa o fin do inverno e a benvida á primavera. A súa orixe está necesariamente vinculado á manipulación da natureza por parte do ser humano; neste sentido, ben pode remontarse ao período magdaleniense, momento en que xorden os primeiros rituais asociados coa recolección, ben ao neolítico, coa consolidación da agricultura e o sedentarismo.
Representa o fin do verán e a benvida á primavera.
Pódese dicir que existen dous tipos de Maios, os tradicionais ou “enxebres” que teñen forma cónica ou piramidal, e os que se consideran de fantasía ou artísticos; estes últimos poden representar calquera elemento ou modo de vida que se lles ocorra aos seus autores.
A orixe dos tradicionais non se coñece de certo, pero distínguense os de Ourense dos da provincia de Pontevedra en que por norma xeral son máis altos, e en moitos casos rematan nunha cruz no seu parte superior.
Os de fantasía ou artísticos datan de principios do s.XX Dentro dos de fantasía apareceron outra submodalidade que consiste en maios que representan, por exemplo, edificios e até oficios ou faenas tradicionais, como a representación da matanza, cos xamóns e a elaboración dos chourizos , algúns con animación incluída, como o caso do que simula ao afiador coa súa roda en movemento.
Estes maios elabóranse cunha estrutura ou esqueleto de madeira, que se cobren con tea de saco (ou arpillera), recúbrese con brión que é cosido e adórnanse con carrabouxos (o froito dos carballos), e flores silvestres, no alto é habitual que culminen nunha cruz e en ocasións xusto por baixo levan integrada unha campá.
Todas estas construcións ou maios, son expostas ao longo das rúas das cidades e dos pobos.
Tamén se compoñen coplas, que adoitan ser satíricas criticando os problemas e a vida da cidade durante o ano; estas coplas son cantadas e tamén son impresas, e os nenos as vénden aos adultos. Ao final do día hai un certame na que se elixen as coplas gañadoras e son cantadas para todo o público desde un palco erixido para ista función.