Licitación dun novo contrato anual de subministro de enerxía eléctrica. Pontevedra

O Concello saca a contratación o subministro de enerxía eléctrica cun prezo de licitación de 1.549.768 euros. O novo contrato terá unha vixencia dun ano cunha posíbel prórroga dun ano máis.

O contrato, lembrou o portavoz do Goberno local, Raimundo González, abrangue o subministro de 2/3 partes do consumo de enerxía eléctrica do concello: alumeado público, dependencias municipais, colexios, instalacións deportivas… quedando fóra os servizos de menos de 10 kw/hora.

Para os pequenos consumos “estamos acollidos ao PVPC (prezo voluntario do pequeno consumidor)” explicou Raimundo González, quen situou neste apartado, por exemplo a iluminación da traseira do Museo: 1.078 kw/ano. Este é o consumo máis cativo, sinalou o portavoz do Goberno local, quen situou no extremo contrario ao Pazo da Cultura, o maior consumidor, con 485.178 kw ao ano.

As empresas interesadas en concorrer ao contrato de subministro de enerxía eléctrica teñen por diante un prazo de 35 días hábiles para presentar as súas ofertas.

Prórroga dos contratos de telefonía

Por outra banda, o Goberno local aprobou onte a prórroga dos contratos do servizo de telefonía fixa e datos e de telefonía móbil do Concello de Pontevedra por un máximo de seis meses. Mentres tanto segue adiante a tramitación do novo contrato dos servizos.

A prórroga do servizo de telefonía fixa e datos ten un custe de 68.970 euros e a do de móbil de 32.016,60 euros.

Comparte!!!

Relacionados