Foto: Reproducción da Carabela “La Pinta” Wikipedia / Miguel Ángel “fotógrafo” Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia da descuberta de América. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas. Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento construíuse unha réplica da embarcación que permanece amarrada para os visitantes nun dos peiraos. En 1999 volveuse acondicionar o pequeno museo colombino que alberga a nave, dotándoa de todos os elementos da época colombina, tanto da cultura cristiá coma da indíxena…
Ver+