Visitando o Museo da Carabela Pinta de Baiona e repaso a súa historia

Foto: Reproducción da Carabela “La Pinta” WikipediaMiguel Ángel “fotógrafo”

Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia da descuberta de América. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas. Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento construíuse unha réplica da embarcación que permanece amarrada para os visitantes nun dos peiraos.

En 1999 volveuse acondicionar o pequeno museo colombino que alberga a nave, dotándoa de todos os elementos da época colombina, tanto da cultura cristiá coma da indíxena cultura taína (cultura precolombina). Deste xeito o visitante pode contemplar a Carabela tal e como chegou a Baiona en 1493 e revivir o feito do descubrimento contemplando as figuras que representan a tripulación e os indíxenas americanos, ademais de reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos achados no novo mundo.

As carabelas

A información que se ten sobre este tipo de barco é escasa. O seu nome procede do árabe “carabo”. Foi importada de oriente polos portugueses, que lle incorporaron a vela latina (triangular).

A primeiros do século XV soamente Portugal e España utilizaban as carabelas. Os portugueses explotaron ó completo as súas calidades e os españois copiáronllela logo, nacendo así a carabela andaluza, que foi evolucionando durante o devandito século. Logrouse un casco máis angosto, unha popa bastarda de espello, unha dotación de tolda e tilla (pequenas cubertas a popa e proa sobre a cuberta principal) e substituíuse a vela latina pola redonda ou mixta, feito este último que lle permitía aproveitar ó máximo os ventos e a fixo ser máis manexable e menos vulnerable ós golpes de mar. Ademais lograron que fose máis estable baixando o seu centro de gravidade.

As carabelas diferenciábanse das naves por seren de menor tamaño e pola súa lixeireza e ausencia de castelo, vela cebadeira e gabia.

A carabela Pinta

Foi construída polos carpinteiros de ribeira de Palos de la Frontera e era propiedade de Cristóbal Quintero e de Gómez Rascón, veciños daquela vila, ós que lles foi incautada. O seu nome semella que se debeu a que pertencera anteriormente á familia Pinto, tamén de Palos. A Pinta era a máis veloz das tres naves colombinas e con frecuencia tiña que esperar ás outras dúas durante a histórica viaxe, debido tamén ás dotes do capitán Pinzón. O día 8 de outubro, en loita por chegar os primeiros a descubriren as novas terras, acadou unha velocidade de 15 millas por hora (12 millas/hora actuais), superior á que pode alcanzar hoxe un mercante de vapor medio.

Réplicas das carabelas enviadas á exposición de Chicago de 1893

Participación no descubrimento de América

Dise que foi elixida por Martín Alonso Pinzón polas súas calidades náuticas, xa que el mesmo alugábaa anteriormente. Parece ser que os gastos da Pinta para a viaxe de Colón correron por conta do concello de Palos, en pago dunha sanción imposta pola Coroa.

A lista dos tripulantes da Pinta no primeiro viaxe descubridor de 1492 é tema de debate, xa que se descoñece con exactitude a tripulación completa que participou no primeiro viaxe descubridor, salvo os nomes máis coñecidos, entre eles o seu capitán, Pinzón codescubridor de América, Francisco Martín Pinzón, que ía como maestre, Cristóbal Quintero, copropietario da embarcación ou Rodrigo de Triana (en realidade Juan Rodríguez Bermejo), quen avistou por primeira vez a terra do Novo Mundo, o 12 de outubro.

Existen diversas listas propostas para os tripulantes que participaron no viaxe descubridor, con todo é a da historiadora norteamericana Alice Fochanca Gould a que, ata o momento, tense como máis autorizada polo seu exhaustivo estudo das fontes documentais orixinais, extraídas dos diversos arquivos estatais españois. A seguinte lista dos posibles tripulantes desta carabela está elaborada seguindo os datos de Alice B. Gould, cotejándolos cos de diversos autores.

Posible tripulación de “La Pinta”

Oficiais

Martín Alonso Pinzón, capitán. (Palos).

Francisco Martín Pinzón, maestre. (Palos).

Cristóbal García Sarmiento, piloto. (¿Palos?).

Juan Quintero de Algruta, contramaestre. (Palos).

Juan Reynal, ¿alguacil?. (Huelva).

Mariñeiros

Alvaro.

Antón Calabrés. (¿Calabria?).

Cristóbal Quintero, copropietario. (Palos).

Francisco García Vallejos. (Moguer).

Gil Pérez.

Gómez Rascón, copropietario. (¿Palos?).

Juan Rodríguez Bermejo. (Molinos, Sevilla).

(Rodrigo de Triana).

Juan Verde de Triana. (¿Moguer?).

Juan Veçano.

Pedro de Arcos. (¿Palos?).

Sancho de Rama, marinero. (Palos).

Grumetes

Alonso de Palos.

Bernal. (¿Palos?).

Diego Bermúdez. (Palos).

Fernando Medel.

Francisco Medel. (Huelva).

Juan Arias. (Tavira).

Juan Quadrado.

Outros oficios

Maestre Diego, ¿boticario / ciruxano?.

García Fernández, despensero. (Huelva).

Retorno a Europa

La Pinta, separada da Niña onde viaxaba Colón na viaxe de volta, foi a primeira da expedición en arribar á península Ibérica xa que cara ao 28 de febreiro​ de 1493 alcanzou Baiona, en Galicia.

Desde alí encamiñouse ao seu porto de orixe, Palos. Desde que foi declarada festa local oficial en 1974, celébrase anualmente a Festa da Arribada na vila de Baiona, recreando un mercado medieval e teatralizando a chegada da embarcación coa noticia do Descubrimento de América.

Fontes: Turismo de Baiona e Wikipedia

Comparte!!!

Relacionados