Victor Hugo escribindo sobre Galicia

Henrique Harguindey  (residente en Cangas) é filólogo e tradutor de francés e galego. Leva máis  de 40 anos buscando e atopando alusións en textos franceses sobre Galicia. Hai moitas referencias e moi variadas en escritos franceses sobre Galicia, así temos como Alberto de Mónaco (o bisavó do actual monarca do Principado), estudou no século XIX a pesca da sardiña en Galicia, motivado polo esgotamento da mesma en augas francesas, razoando e concluíndo que no caso de Galicia os seus mariñeiros, facían unha explotación máis racional e conservacionista. Jean Charles Davillier,…

Ver+

Cando os turcos arrasaron Cangas

No 1617, tiveron lugar os feitos máis dramáticos que coñeceu Cangas ó longo da súa dilatada Historia. Un 4 de decembro, os habitantes da ría de Vigo vían espantados como once navíos corsarios turco-berberiscos fondeaban nas illas Cíes. Os seus propósitos non podían ser máis sanguinolentos: causa-la maior desfeita posible nas posesións da Coroa Española, e practica-la rapiña e a pillaxe. Aínda trataron novamente os piratas de apoderarse de Vigo, infructuosamente, antes de dirixir as súas proas contra Cangas, que daquela era unha humilde vila de pescadores, totalmente desprotexida. A escasísima…

Ver+

As Meigas de Cangas e a Inquisición: María Soliña

Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta “bruxería”. Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case…

Ver+

A Semana Santa en Galicia

Aínda que en todas as poboacións de Galicia celébrase a Semana Santa, hai determinadas localidades que destacan polo valor artístico das súas imaxes, e que ademais teñen unha personalidade propia;  son actos  polo xeral,  contidos e de marcado carácter austero. Entre as máis famosas de Galicia podemos destacar:  A Semana Santa de Cangas (Pontevedra) A súa Semana Santa esta considerada de Interese Turístico Galego (2002) grazas ao esforzo das Confrarías da Misericordia (ou Gremio de Mareantes), a Irmandade das Dores, a Asociación do Santo Cristo do Consolo e a Agrupación…

Ver+