Espectáculo de Mentalismo e Hipnosis “Mental”. Auditorio do Carballiño

A compañía Escena Sonora Producción Cultural trae este sábado, 19 de xaneiro, ás 20,30 h., ao auditorio do Carballiño o espectáculo MENTAL. José Rivera e Susana Guisasola penétranse no fascinante mundo do mentalismo e a hipnosis para ofrecer un espectáculo sorprendente.

Está recomendado para persoas maiores de 9 anos, e terá unha duración de entre 90 e 120 minutos.

As entradas poden adquirirse por internet en Ataquilla. com ou no propio auditorio desde unha hora antes do espectáculo.

Fonte: Concello do Carballiño

Comparte!!!

Relacionados