O CEO (Conselleiro delegado) da empresa galega Nortempo, César Ruiz Alonso, foi o encargado da masterclass final da segunda edición do Curso de Big Data. Trátase dunha actividade de formación pioneira, froito da colaboración entre o Concello de Ourense e a Fundación Telefónica, para ofrecer formación en competencias dixitais e tecnolóxicas co gallo de facilitar a inclusión laboral dos ourensáns e ourensás neste novo nicho empresarial.
Ruiz Alonso impartiu unha ponencia sobre “O impacto de Big Data e a transformación dixital en recursos humanos”. Foi inmediatamente despois da presentación da clausura a cargo do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, nunha xornada que tamén incluiu a exposición de proxectos de Big Data a cargo dos alumnos e a entrega de diplomas por parte do concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, cualificou a intervención de César Ruiz Alonso coma “un paso máis alá do que ven sendo habitual nestes cursos”. “Ofrecémosvos a formación, pero tamén a posibilidade de que entredes en contacto directo cos que máis saben do noso mercado de traballo, para que poidades maximizar os vosos esforzos á hora de atopar un emprego”, dixo o rexedor.
Na súa intervención o alcalde salientou o papel xogado pola Concellería de Promoción Económica, a través das actividades na Molinera que teñen convertido este espazo nun “referente fundamental para incorporar coñecementos estratéxicos a todo tipo de públicos e prepararnos para afrontar con éxito os desafíos do século XXI”.
Nesta segunda edición do curso Big Data Busines, participaron un total de 20 alumnos, que recibiron 200 horas de formación a cargo de reputados profesionais do sector no que está a supoñer unha aposta decidida do Concello e da Fundación Telefónica por promover unha empregabilidade de calidade entre a cidadanía.
Na actualidade as “Big Data” son unha das habilidades máis demandadas polas empresas a nivel nacional e internacional, e nada mellor que axudar nesa conexión entre empresas e emprendedores que facendo “networking”. O curso, que comezou o 28 de xaneiro, foi totalmente gratuíto para os participantes.
O curso, que comezou o 28 de xaneiro, realizouse no marco do Programa Conecta Emprego da Fundación Telefónica en colaboración co Concello e foi totalmente gratuíto para os participantes. Desenvolveuse no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera, de 8:30 a 14:30 horas. Estaba aberto á participación de calquera persoa con máis de 18 anos e estudos básicos ou medios (ESO, Bacharelato, FP Básica, FP Grao Medio). Os alumnos foron elixidos tras a súa pre inscrición e logo de superar un test de aptitude lóxico-matemática , así como unha entrevista.
Ao longo da súa formación, o alumnado desenvolveu a súa capacidade de conceptualizar proxectos de transformación dixital, aprenderon metodoloxías de visualización e adquiriron coñecemento do potencial das disciplinas que configuran o Big Data: Arquitectura Big Data, Enxeñería Big Data, Data Science/Machine Learning y Data Visualización.