O Carballiño e O Ribeiro presentaron a campaña “Con Sabor Propio 2019” en Fitur

Foto: Concello do Carballiño

O Tenente Alcalde e concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, asistiron en Fitur ao acto de presentación da campaña turística CON SABOR PROPIO 2019 do xeodestino O Carballiño-O Ribeiro. Ao acto tamén asistiron a secretaria de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada de la Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde Leiro, a concelleira de Cultura de Boborás e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

A Festa do Polbo, a Feira do Viño do Ribeiro, a Festa do Pan de Cea, e outros eventos festivos e gastronómicos, así como demais potencialidades destas comarcas, foron presentadas como principais reclamos desta campaña.

Dacal e Fernández aproveitaron esta feira de FITUR para reunirse con representantes do Consorcio de Turismo de la Xunta, así como con diversos medios para seguir incidindo na promoción do turismo no Carballiño, cuxos alicerces son o termalismo, a gastronomía e o patrimonio natural e cultural, segundo dixo na presentación José Manuel Dacal, que incidiu sobre todo na tradición pulpera. Neste sentido asegurou que «se existe unha capital mundial do polbo, esa é O Carballiño».

Comparte!!!

Relacionados